Josefina Valencia de Hubach

Politica e feminista colombiana

Josefina Valencia de Hubach, nada en Popayán, Cauca o 22 de setembro de 1913 e finada en Madrid, España o 4 de outubro de 1991, foi unha política colombiana.

Josefina Valencia de Hubach
Josefina Valencia de Hubach.jpg
Nome completoJosefina Valencia Muñoz
Nacemento22 de setembro de 1913
 Popayán
Falecemento4 de outubro de 1991
 Madrid
NacionalidadeColombia
Ocupacióndiplomática, suffragette e política
PaiGuillermo Valencia Castillo
IrmánsGuillermo León Valencia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nada como Josefina Valencia Muñoz, filla do mestre Guillermo Valencia e irmá do ex Presidente da República Guillermo León Valencia.[1] Tivo unha infancia e mocidade privilexiada e dende moza aproveitou a súa posición social para liderar unha serie de obras sociais na súa rexión natal e para promover a igualdade de dereitos para as mulleres. Dende 1943, estivo casada co xeólogo chileno de ascendencia alemá Enrique Hubach Eggers, quen durante décadas traballou en Colombia, e con quen tivo dúas fillas.

Traxectoria públicaEditar

Cando o xeneral Gustavo Rojas Pinilla tomou o poder en 1953, Josefina uniuse ó movemento nacional formado en torno seu, mentres que o seu irmán Guillermo León, entón distinguido parlamentario do Partido Conservador tomou parte na oposición. Como recompensa polo seu decidido apoio ó goberno nacional, a señora Valencia de Hubach foi nomeada polo xeneral Rojas como membro da Asemblea Nacional Constituínte (ANAC) en 1954 (dos 70 membros da ANAC só dúas eran mulleres, a outra era Esmeralda Arboleda, futura senadora e ministra), Gobernadora do Cauca en setembro de 1955, e un ano despois foi designada Ministra de Educación, cargo que exerceu até a caída de Rojas en maio de 1957; así, converteuse na primeira muller na historia de Colombia en exercer os cargos de Gobernadora e de Ministra.

A Xunta militar que sucedeu a Rojas nomeouna Embaixadora ante a Unesco (1957-1958). Posteriormente foi elixida senadora pola nacente Alianza Nacional Popular durante a década de 1960.

NotasEditar