Josefa Gallego Abeledo

guerrilleira antifranquista galega

Josefa Gallego Abeledo, nada nos Casás (Meá, Mugardos) o 8 de setembro de 1919 e finada no mesmo concello o 8 de decembro de 2005, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Josefa Gallego Abeledo
Nome completoJosefa Gallego Abeledo
Nacemento8 de setembro de 1919
Lugar de nacementoMeá
Falecemento8 de decembro de 2005
Lugar de falecementoMugardos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
PaiManuel Gallego Durán
IrmánsMaría Gallego Abeledo e Juan Gallego Abeledo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O seu pai Manuel Gallego Durán e o seu tío Antonio Gallego Durán foron asasinados polos franquistas en 1936. Xunto cos seus irmáns María, Clementina, Guillermo e Juan Gallego Abeledo, coñecidos como Os Buzos, incorporouse á guerrilla. Comezou colaborando cos fuxidos. Cando a presión se fixo insoportable integrouse coa súa irmá María na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. O 18 de xullo de 1951 salvou a vida ao escapar do cerco de Meá con Julián de la Rosa Zamorano e José Freire Barcia. O 20 de agosto volveu conseguir fuxir nunha redada cando estaba agochada na Cruz de Meá (Mugardos) nunha cova na casa de Dolores Loureda. Pasou tempo agochada coa súa irmá María e outros guerrilleiros no refuxio de Goente (As Pontes de García Rodríguez). O 27 de setembro de 1951 foi detida no seu domicilio dos Casás por unha confidencia. Xulgada en consello de guerra foi condenada a 23 anos de cadea, que finalmente quedaron reducidos a 10. Estivo nas prisións de Segovia e Alcalá de Henares. Ao saír pasou dous anos no País Vasco. Marchou a Francia, casou con José Fernández Dopico e instalouse en Gien. Ao enviuvar volveu casar con Henry Georges Gentiliny. Os tres últimos anos de vida pasounos en Mugardos, onde finou o 8 de decembro de 2005.[1]

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-12-2005, p. 52.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar