Josefa Álvarez

labrega supercentenaria galega

Josefa Álvarez Rodríguez, nada en San Tomé, na parroquia de Freás de Eiras (Ramirás) o 16 de febreiro de 1906, e finada no Carregal (Cartelle) o 17 de setembro de 2017, foi unha supercentenaria galega que durante un tempo foi a segunda persoa máis vella de Galicia.

Josefa Álvarez
Nacemento16 de febreiro de 1906
 San Tomé
Falecemento17 de setembro de 2017
 O Carregal
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónlabrega
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Traballou de labrega e, ao quedar orfa de nai cedo, levou a crianza dos seus nove irmáns e mais do pai, que quedara cego[1]. Finou con 111 anos e 215 días. Os seus últimos anos pasounos nunha residencia de anciáns, a da Nosa Señora do Mundil, en Cartelle.

Vida persoalEditar

Non casou.

NotasEditar

  1. Gallego, Grupo El Correo. "Una abuela gallega cumple 110 años cantando y rodeada de gente" (en castelán). Consultado o 2018-01-02.