José de Churriguera

arquitecto español

José Benito de Churriguera, nado en Madrid o 21 de marzo de 1665 e finado na mesma vila o 2 de marzo de 1725, foi un arquitecto barroco español.

José de Churriguera
Nome completoJosé Benito de Churriguera Ocaña
Nacemento21 de marzo de 1665
 Madrid
Falecemento2 de marzo de 1725
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto e escultor
FillosJerónimo Churriguera e Nicolás Churriguera
editar datos en Wikidata ]
Igrexa de San Cayetano, Madrid. Obra de J.B. Churriguera e Pedro Ribera, 1664 - 1761.

TraxectoriaEditar

 
Retablo da Igrexa do Convento de San Esteban en Salamanca, por José de Churriguera (1692).

Proxectou, entre outras obras, as igrexas de San Cayetano, Santo Tomás, o antigo Palacio Goyeneche (actual sede da Real Academia de Belas Artes en Madrid) e o lugar de Nuevo Batzán, ademais do retablo do convento de San Esteban, en Salamanca. O seu estilo coñécese como churrigueresco.

A maior parte da súa obra está inserida na tradición cortesá pero introducindo innovacións transcendentais, na súa primeira etapa predominan os retablos caracterizados pola grandiosidade da traza, o dinamismo da planta, o remate en cuarto de esfera, as columnas salomónicas no corpo principal, as estatuas situadas nos intercolumnios, a talla virtuosista decorada frondosamente que non rompe a estrutura arquitectónica, asemade o resplandor do dourado reforza a atracción que exerce no espectador.

A partir de 1709, en Nuevo Batzán, obsérvase unha maior influencia do clasicismo francés nos motivos ornamentais e estruturais.