José Valado

(Redirección desde «José Valado Feijoo»)

José Valado Feijoo, nado en Verea en 1940, é un empresario galego do sector da hostalaría.

Infotaula de personaJosé Valado
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhosteleiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A finais da década dos cincuenta emigrou aos Estados Unidos, onde comezou a traballar como camareiro. Na actualidade, e tras unha operación de compra, é o propietario dun grupo empresarial dedicado a labores auxiliares de hostalaría con sede en Washington. Unha das empresas do seu grupo foi a responsable de fornecer o servizo de cátering durante a primeira toma de posesión do presidente estadounidense, Barack Obama[1][2].

Notas editar

  1. "Catering ourensano en las celebraciones de Obama". La Región (en castelán). 2009-01-21. Consultado o 2020-03-29. 
  2. El 'catering' gallego de Obama, El País, 25/1/2009.