José Vázquez Grela
José Vázquez Grela, nado en Ames o 6 de xullo de 1886[1] e finado en Nigrán o 12 de setembro de 1936, foi un mestre, agrarista e xornalista galego.
José Vázquez Grela | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de xullo de 1886 |
Lugar de nacemento | Ames |
Falecemento | 12 de setembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Nigrán |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e mestre |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Emigrou a América. Ao retornar instalouse en Cuntis, onde participou no movemento agrario, ocupando o cargo de xefe das sociedades agrarias de Cuntis, foi redactor de El Bólido e colaborou en Acción Agraria. Despois fundou El Bólido de Cuntis. Rematou a carreira de Maxisterio en 1920[2]. Foi mestre interino no Porriño e Mesego (Cuntis). Na ditadura de Primo de Rivera foi mestre en Graba (Silleda) e Santa Cristina de Vea (A Estrada). En 1931 pediu traslado para Nigrán. Pertenceu á directiva da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo e foi membro da Agrupación Socialista de Vigo. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo dous meses preso. Participou na campaña do Estatuto de Autonomía. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado no Barrio da Devesa de Nigrán o 12 de setembro.
Vida persoal Editar
Casou con Josefa Iglesias, natural de Cuntis, coa que tivo seis fillos: María Asunción, Antonio Manuel, Julia, Alfredo e José Gonzalo.
Notas Editar
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 58.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4-6-1920, p. 4.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Méixome, Carlos (2021). Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 34–52. ISBN 978-84-8487-506-2.
Ligazóns externas Editar
- Nigrán homenaxea ao mestre republicano José Vázquez Grela, fusilado no 36Arquivado 10 de agosto de 2019 en Wayback Machine.
- Nigrán honra o seu mestre de mestres
- José Vázquez Grela na páxina web Nomes e Voces.