José Recimil

político galego

José Recimil Tábora, nado en Curantes (A Estrada) o 17 de setembro de 1929 e finado en Sarria o 19 de xuño de 2021, foi un político galego.

Infotaula de personaJosé Recimil
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1929 Editar o valor em Wikidata
Curantes, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 2021 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi xefe dos servizos técnicos de Zeltia en Ourense. Logo de aprobar a oposición para técnico de extensión agraria, foi destinado en 1962 á axencia de Extensión Agraria de Ribadeo. Despois pasou a Ordes, Carballo, Monterroso, Mondoñedo e comarcal de Lugo, para rematar como xefe provincial do Servizo de Extensión Agraria de Lugo.[1]

Foi candidato de UCD ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións autonómicas. Non resultou elixido, pero tomou posesión como parlamentario o 23 de marzo de 1983 substituíndo a Flora Veiga. Posteriormente ingresou en Coalición Galega. Volveu ser candidato, neste caso polo PPdeG, nas eleccións autonómicas de 1993, sen ser elixido, pero de novo tomou posesión como parlamentario o 12 de setembro de 1995 substituíndo a Nazario Pin. Foi presidente da Asociación micolóxica A Muiñeira de Sarria, e afeccionado á apicultura[2].

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, Lugo, 24-1-1995, p. 36.
  2. Casanova, Ana (2021-06-19). "Sarria despide a José Recimil, exjefe de Extensión Agraria". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-06-19. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar