Abrir o menú principal

José Ramón Rodil

militar e político galego

José Ramón Esteban Mateo Méndez Rodil Gayoso,[1] nado no Trobo (A Fonsagrada)[2] [3][4] o 5 de febreiro de 1789[5] e finado en Madrid o 20 de febreiro de 1853[6], foi un militar e político galego.

José Ramón Rodil
Retrato del general Rodil (Dionisio Fierros Álvarez).jpg
José Ramón Rodil y Campillo
Presidente do Consello de Ministros de España
Período17 de xuño de 1842-9 de maio de 1843
AntecesorAntonio González y González
SucesorJoaquín María López
Ministro de Guerra
Período27 de abril-15 de maio de 1836
AntecesorIldefonso Díez de Rivera
SucesorAntonio Seoane Hoyos
Ministro de Guerra
Período20 de agosto-26 de novembro de 1836
AntecesorAndrés García Camba(interino)
SucesorJavier Rodríguez Vera
Ministro de Guerra
Período17 de xuño de 1842-9 de maio de 1843
AntecesorEvaristo Fernández de San Miguel
SucesorFrancisco Serrano Domínguez
Datos persoais
Nacemento5 de febreiro de 1789
 O Trobo (A Fonsagrada)
Falecemento20 de febreiro de 1853
 Madrid
OrganizaciónPartido Progresista
CónxuxeGracia Medinaceli Borbón
FillosRita Rodil y Medinaceli
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Profesiónmilitar e político
Firma rodil.gif
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Carreira militarEditar

Iniciou os estudos de Latín e Filosofía no Seminario de Mondoñedo[7] para continualos na Universidade de Santiago de Compostela. Ao se producir a Guerra da Independencia española, como noutros centros semellantes, creáronse nos claustros unidades de voluntarios para loitar contra os franceses. Rodil integrouse no Batallón Literario en 1808 e participou nas batallas de Espinosa de los Monteros, na de Ponte Sampaio e chegou até o sitio de Baiona (Francia).[7]

Tras participar na Guerra da Independencia seguiu a súa carreira de militar, e marchou a América onde foi destinado a Perú en 1817. Aos poucos de chegar a Callao (1817) foi ascendido a comandante. Marchou a Arequipa coa misión de organizar un batallón e tras un rigoroso adestramento reforzou as unidades realistas da gornición de Chile. Participou nos combates de Talca, Cancha Rayda e Maipú. Retornou a Lima onde foi ascendido a coronel (1820) e foi destinado ás forzas que defendían a fortaleza do Callao[8].

Tralo desastre de Ayacucho (1824) que puxo remate ao vicereinato peruano Rodil, comandante militar das fortalezas do Callao, negouse a aceptar a capitulación de Ayacucho na esperanza de recibir reforzos de España. Estando asediado por terra e por mar, resistiu preto de dous anos, na Fortaleza do Real Filipe e os Castelos do porto, dirixindo os veteranos rexementos reais de Lima e Arequipa, xunto con soldados independentistas desertores que se lle uniran. Por fin, o 22 de xaneiro de 1826, cando case todos os defensores morreran e os que quedaban estaban sen víveres, Rodil aceptou capitular perante o comandante do asedio, o xeneral venezolano Bartolomé Salom. A resistencia ofrecida chamou a atención de Simón Bolívar e, cando o xeneral Salom pedía a pena de morte para Rodil, respondeulle: "O heroísmo non é digno de castigo". Rodil, conseguiu condicións honorables na capitulación, podendo levar a bandeiras dos rexementos que foron as derradeiras en abandonar o Perú. Coa entrega do Callao, púxose fin á presenza do exército español de América do Sur.

En 1826, volveu á península co grao de Marechal de campo e, polos seus méritos militares, recibiu en 1831 o titulo nobiliario de Marqués de Rodil.

Unido aos liberais, trala reorganización militar levada a cabo pola rexente María Cristina de Borbón, á morte de Fernando VII, foi encargado, con 15.000 soldados, de perseguir e capturar ao pretendente ao trono Carlos María Isidro de Borbón, irmán do defunto rei, pero non conseguiu a súa capturar por fuxir este a Portugal. En xuño de 1834, durante a Primeira guerra carlista, foi nomeado Xeneral en xefe do Exército do Norte cargo que ostentou só uns meses pois tras uns enfrontamentos contra Zumalacárregui, ao ser derrotado por este produciuse a súa inmediata destitución como xeneral.

Carreira políticaEditar

Deputado por Lugo na lexislatura de 1841 e na de 1842[5]. Posteriormente, na lexislatura 1842-1843 foi senador por Ávila, e dende a lexislatura 1849-1850, foi senador vitalicio.[6]

Foi deputado e foi Ministro de Guerra no goberno de Mendizábal e Calatrava no ano 1836. Foi un dos homes de confianza de Espartero durante a súa rexencia e nomeouno presidente do Consello de Ministros dende 1842 a 1843, cargo do que foi obrigado a dimitir. Mantivo o vicerreinado de Navarra de 1836 até 1843, e foi capitán xeral doutras diversas rexións (Aragón, Castela a Nova, Estremadura e Vascongadas).[9]

Foi fundador e organizador do Corpo de Carabineiros co nome de Real Cuerpo de Carabineros de Costas y Fronteras, por Real Decreto de Fernando VII o 9 de marzo de 1829,[10] en tempos do ministro de Facenda Luis López Ballesteros. Poucos anos despois, en 1833 pasou a se denominar Carabineros de la Real Hacienda dependendo da Dirección de Rentas Estancadas do Ministerio de Facenda. A súa dependencia de Facenda levou a que carabineiros entren nun estado de abandono. En 1842, o Corpo de Carabineiros estaba totalmente desacreditado e era totalmente inoperante. Ese mesmo ano, encomendouse ao marechal de campoi Martín José de Iriarte, a organización do Corpo de Carabineiros do Reino, para substituír os da Real Facenda.

Foi Gran Mestre Masón de 1837 até 1851.

VariosEditar

Casado con Gracia Medinaceli Borbón (que viviu 113 anos), tiveron unha filla, Rita Rodil y Medinaceli, casada con Joaquín Aguirre Echagüe Marqués de Parabere.

Na primavera de 1842, aproveitando a circunstancia da súa presidencia de goberno, a Deputación de Lugo pediu a concesión dun Instituto Superior de Segunda Ensinanza para Lugo, o que foi concedido nunha Real Orde de 30 de novembro de 1842, creándose o Instituto Masculino de Lugo,[11] actual IES Lucus Augusti, que é o máis antigo de Galiza.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Antonio González y González
José Ramón Rodil
Precede a:
Joaquín María López
Presidente do Goberno de España


Predecesor:
Ildefonso Díez de Rivera
Andrés García Camba (interino)
Evaristo Fernández de San Miguel
 Ministro de Guerra 
27 de abril - 15 de maio de 1836
20 de agosto - 26 de novembro de 1836
17 de xuño de 1842 - 9 de maio de 1843
Sucesor:
Antonio Seoane Hoyos
Javier Rodríguez Vera
Francisco Serrano Domínguez

NotasEditar

  1. Tamén aparece citado como: Rodil Campillo, pois o apelido materno era Galloso (Gayoso) Campillo.[1] 
  2. Revista Gallega, 183, 11-9-1898 p. 4-5
  3. López Pombo, Luis. "D. José Ramón Esteban Mateo Méndez Rodil Gayoso (Marqués de Rodil)". galiciadigital.com. Consultado o 13-12-2017. 
  4. "Genealogía del general Rodil. (Marqués de Rodil).". xenealoxia.org. 16-01-2003. Consultado o 13-12-2017. 
  5. 5,0 5,1 "RODIL GALLOSO, JOSE RAMON". congreso.es. Consultado o 13-12-2017. 
  6. 6,0 6,1 "Expediente personal del Marqués de Rodil, no Senado". senado.es. Consultado o 13-12-2017. 
  7. 7,0 7,1 "RODIL y CAMPILLO, José Ramón". Consultado o 13-12-2017. 
  8. "Rodil Galloso, José Ramón". auñamendi euzko entziklopedia. Consultado o 13-12-2017. 
  9. "José Ramón Rodil y Campillo (1789-1853)". Base documental d'Història Contemporània de Catalunya (en castelán). Consultado o 13-12-2017. 
  10. "El colectivo de árbitros veteranos de Algeciras reconoce el trabajo de la Guardia Civil". elestrecho.es. 10-10-2017. Consultado o 13-12-2017. 
  11. "Historia do Instituto de Lugo". ieslucus.gal. Consultado o 13-12-2017. 

Véxase taménEditar