José Pardo Bazán

avogado e político galego

José Pardo Bazán Mosquera, conde de Pardo Bazán, nado na Coruña o 20 de xuño de 1827 e finado na mesma cidade en abril de 1890[1], foi un avogado e político galego.

José Pardo Bazán
Nome completoJosé María Pardo Bazán y Mosquera
Nacemento20 de xuño de 1827
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento1890
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
PaiMiguel Pardo Bazán
FillosEmilia Pardo Bazán
Na rede
Galiciana: 36594
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Miguel Pardo Bazán e Joaquina Mosquera Ribera, casados en 1821.[2] Estudou dereito en Madrid e na Universidade de Santiago de Compostela. Con Manuel Vázquez de Parga, foi fundador e redactor de Revista de Galicia. Jornal de intereses materiales, morales e intelectuales. Casou na Coruña en 1850 con Amalia de la Rúa Figueroa Somoza e foi pai de Emilia Pardo Bazán (filla única), que naceu no mes de setembro de 1851. Foi alcalde da Coruña e elixido deputado a Cortes pola Coruña nas eleccións de 1854 e 1869.[3]

Notas editar

  1. El Lucense, 28-3-1890, p. 2.
  2. Xosé Ramón Barreiro, Ricardo Axeitos Valiño, Patricia Carballal Miñán e Jacobo Manuel Caridad Martínez: "La trágica muerte de Joaquina Mosquera Ribera, abuela de Doña Emilia. Un secreto familiar desvelado" La Tribuna: cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, ISSN 1697-0810, n.º 8, 2010-2011, p. 15-56.
  3. Ficha no Congreso dos Deputados

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar