José Moreno Osorio

enxeñeiro de camiños galego


José Moreno Osorio, nado na Coruña o 23 de xaneiro de 1869 e finado en Madrid o 24 de marzo de 1963, foi un enxeñeiro de camiños galego.

Infotaula de personaJosé Moreno Osorio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1869 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1963 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de camiños Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRed Nacional de los Ferrocarriles Españoles Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAlfredo Moreno Uribe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlfredo Moreno Osorio Editar o valor em Wikidata
ParentesJosé Moreno Torres (pt) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Alfredo Moreno Moscoso de Altamira, terceiro conde de Fontao, e de María de los Dolores Osorio Chacón, e irmán do tamén enxeñeiro Alfredo Moreno Osorio. Rematou a carreira de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos en 1895, e en xullo dese mesmo ano ingresou na Compañía de los Caminos de Hierro del Sur de España como xefe de sección de Vía e Obras.

Dirixiu a construción do viaduto do río Salado en Larva (provincia de Xaén), e alí coñeceu á que sería a súa esposa, María Uribe Garrido, filla dun terratenente de Baeza, coa que casou o 28 de outubro de 1898. Colabora teporalmente no gabinete Mengemor que fundara o seu irmán, e en 1905 pasa a traballar na Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España. En 1921 é nomeado subdirector da compañía, e pasou a ser un dos grandes artífices da electrificación do ferrocarril en España. A primeira liña en experimentar esta transformación foi a que une Busdongo e Ujo, na liña León-Xixón, logo de convencer ao director xeral da Compañía, Félix Boix. A obra levouse a cabo grazas a un préstamo reintegrable arbitrado por unha lei debida ao ministro de Fomento Francisco Cambó Batlle.

En 1922 viaxou aos Estados Unidos de América, onde estudou a implantación dos ferrocarrís con tracción eléctrica por corrente continua a alta tensión. En 1924 efectuouse a electrificación con este sistema da liña de Pajares. Baixo a súa dirección realizáronse os estudos e traballos de electrificación das liñas Barcelona-Manresa-Sant Joan de les Abadesses (1926) e Altsasu-Irún (1929). En 1928 iniciáronse os estudos para a liña Ávila-Segovia. En 1932 dirixiu a electrificación da liña Bilbao-Portugalete.

En 1921 foi nomeado xentilhome de cámara con exercicio do rei Afonso XIII, e como tal encoméndaselle acompañalo nas súas viaxes ferroviarias[1][2][3]. Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera foi designado presidente da Comisión Oficial de Electrificación. Amais, foi nomeado conselleiro das empresas de Ferrocarriles del Oeste de España, Compañía del Central de Aragón, da liña de Bilbao a Portugalete, da Compañía de La Cruz de Minas e fundición de chumbo de Linares, de Tramisa, de la Linarense de Electricidad e de Flamma Carbo.

En 1932, trala morte de Félix Boix, ascendeu a director xeral da Compañía del Norte, pasando a ser membro da Comisión Permanente da Asociación Internacional do Congreso dos Ferrocarrís (AICF), representando a España nas reunións celebradas anualmente en Bruxelas e nas que se discutiron aspectos importantes sobre o desenvolvemento dos ferrocarrís europeos.

O 28 de xuño de 1936, poucos días antes de iniciarse a Guerra Civil Española, foi designado presidente do Consello de Administración da Compañía del Norte[4], cargo que desempeñou durante o conflito bélico, facendo fronte ás labores de mantemento do entramado da Compañía, desde a embaixada de Francia, onde atopou refuxio na súa condición de Cabaleiro da Orde da Lexión de Honor.

En 1942, coa creación da Renfe, Moreno Osorio integrouse no seu Consello de Administración como vicepresidente[5], permanecendo no cargo até o 30 de maio de 1950. En 1955 foi nomeado presidente honorario da compañía[6].

Homenaxes editar

En 1929 foi nomeado fillo predilecto do concello da Coruña.

Dedicóuselle o seu nome ás prazas das estacións de tren de Lugo e Foz, ao estar ligado á provincia de Lugo por herdar o pazo de Fontao en Santa Cilla do Valadouro, que restaurou e no que iniciou unha explotación forestal.

Foille concedida a Gran Cruz do Mérito Civil e a do Mérito Militar con distintivo branco, así como a Gran Cruz de Isabel a Católica. Tamén recibiu a Lexión de Honor francesa, a Orde da Coroa italiana e a Cruz de Leopoldo belga.

Descendencia editar

Do seu matrimonio con María Uribe Garrido, naceron:

  • María Moreno Uribe (1899 - 1991), VI condesa de Fontao e IX marquesa de San Sadurniño;
  • Alfredo Moreno Uribe (1902 - 1981), V conde de Fontao e VIII marqués de San Sadurniño;
  • Pilar Moreno Uribe (1910 - 1993), VII condesa de Fontao;
  • Carmen Moreno Uribe (1914 - 1989);
  • Teresa Moreno Uribe (1919 - 2012).

Notas editar

  1. Artigo en ABC, 25 de xaneiro de 1924.
  2. Artigo en ABC, 25 de maio de 1928.
  3. Artigo en ABC, 18 de xullo de 1928.
  4. Artigo en ABC 28 de xuño de 1936.
  5. Artigo en ABC, 22 de abril de 1947.
  6. Artigo en ABC, 10 de decembro de 1955.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Vidal Olivares, J.: La formación de los directivos en la gran empresa: el caso de la Compañía de los Ferrocarriles del Norte de España, 1858-1936. Fundación Empresa Pública, 1997.
  • Muñoz Rubio, M.: RENFE (1941-1991): medio siglo de ferrocarril público. Editorial Luna, 1995.

Ligazóns externas editar