Azorín

escritor, crítico literario e político español
(Redirección desde «José Martínez Ruiz»)


José Augusto Trinidad Martínez Ruiz, nado en Monòver o 8 de xuño de 1873 e finado en Madrid o 2 de marzo de 1967, foi un escritor español, máis coñecido polo seu pseudónimo de Azorín. Ademais de novelista e ensaísta, foi o crítico literario español máis importante do seu tempo. En 1945 nomeóuselle membro de honra da Real Academia Galega.[1]

Modelo:BiografíaAzorín

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1873 Editar o valor en Wikidata
Monòver, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado das Cortes
9 de xuño de 1919 – 2 de outubro de 1920
Circunscrición electoral: Sorbas
Deputado das Cortes
4 de marzo de 1918 – 2 de maio de 1919
Circunscrición electoral: Sorbas
Deputado das Cortes
5 de outubro de 1916 – 10 de xaneiro de 1918
Circunscrición electoral: Sorbas
Deputado das Cortes
4 de marzo de 1914 – 16 de marzo de 1916
Circunscrición electoral: Ponteareas
Deputado das Cortes
6 de maio de 1907 – 14 de abril de 1910
Circunscrición electoral: Purchena
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónCentre educatiu privat Escola Pia Sant Antoni (en) Traducir
Universidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista, escritor de non ficción, dramaturgo, crítico literario, escritor, xornalista, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio e drama Editar o valor en Wikidata
MovementoXeración do 98 Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioAzorín
Cándido Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJulia Guinda Urzanqui (1908–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Martínez Ruiz (José), p.262)
Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) Traducir,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 37847 BNE: XX825215 Dialnet: 2148883 Find a Grave: 8059057 Editar o valor en Wikidata

A súa produción literaria divídese fundamentalmente en dous grandes apartados: ensaio e novela. Tamén escribiu algunhas obras teatrais, experimentais e de escaso éxito.

A produción literaria de Azorín ten tamén un grande valor estilístico. A súa forma de escribir, moi peculiar, caracterízase polo impresionismo descritivo, polo uso dunha frase curta e de sintaxe simple, polo emprego dun léxico castizo e polas series de dous adxectivos unidos por unha coma. Entre as súas técnicas literarias máis innovadoras está o uso, ao xeito de Virginia Woolf, de personaxes que viven ao mesmo tempo en varias épocas da historia, como Don Xoán ou Inés, fundindo á vez mito e eterno retorno.

Novela

editar

As novelas de Azorín pódense dividir en catro etapas:

A primeira etapa mostra predominio dos elementos autobiográficos e de impresións suscitadas pola paisaxe. O protagonista é Antonio Azorín (do cal tomará o seu pseudónimo), personaxe de ficción que se converte na conciencia do seu creador. Estas novelas son un pretexto para desenvolver as experiencias vitais e culturais do autor. A ela pertencen La voluntad (1902), Antonio Azorín (1903) e Las confesiones de un pequeño filósofo (1904).

Na segunda etapa, Azorín abandona os elementos autobiográficos, se ben continúa reflectindo as súas propias inquietudes nos personaxes: a fatalidade, a obsesión polo tempo, o destino etc. Unha mostra diso é Doña Inés (1925). A esta mesma etapa pertence Don Juan (1922), baseada na conversión cristiá do mito.

Á terceira etapa pertencen Félix Vargas (1928), Superrealismo (1929) e Pueblo (1939), marcadas polo vangardismo e polo drama persoal e cosmolóxico inspirado no grande poeta austroalemán Rainer Maria Rilke.

Na cuarta etapa, tras un período de relativo silencio profundamente marcado pola contenda civil, Azorín volve á narrativa con El escritor (1941), a novela rosa María Fontán (1943) e La isla sin aurora (1944).

  1. Filgueira Valverde, X. (1970). "Galicia en Azorín". Boletín da Real Academia Galega (352): 441–453. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 08 de agosto de 2022.