José Martínez Couselo

xornalista galego

José Martínez Couselo, nado en Poio o 30 de novembro de 1938 e finado en Santiago de Compostela o 28 de maio de 2021, foi un xornalista galego de prensa e televisión.

José Martínez Couselo
Nacemento30 de novembro de 1938
Lugar de nacementoPoio
Falecemento28 de maio de 2021
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
CónxuxeRaquel Casal García
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato na Academia Minerva de Pontevedra[1] e logo fixo Medicina na Universidade de Santiago de Compostela[2], pero non rematou[3]. Na cidade de Santiago comezou a colaborar primeiro en publicacións universitarias e logo no xornal vespertino La Noche.

En televisión foi responsable dos servizos informativos de Televisión Española en Galicia en diversas ocasións, e a partir de 1986 director dos servizos informativos da Televisión de Galicia[2] durante uns meses. Tamén foi xefe de prensa da Universidade de Santiago durante unha década.

En prensa escrita estivo vinculado fundamentalmente como articulista e opinador con El Correo Gallego[2], aínda que tamén traballou con outros medios, desde o xa mencionado La Noche ou Chan (da comunidade galega de Madrid)[2] ata Faro de Vigo ou O Correo Galego. Durante unha etapa da súa vida foi director de Atlántico Diario (1987-1989)[4] e tamén da revista Eco, así como de correspondente de La Vanguardia. Ademais, foi redactor-xefe da Axencia Galega de Noticias[2].

Premios editar

  • Premio nacional de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro.

Vida persoal editar

Casou con Raquel Casal, arqueóloga, e tivo catro fillos, entre eles Pepe Martínez, adestrador de baloncesto e Raquel Martínez Casal, xornalista. O seu xenro foi Rafa Sisto, alcalde de Teo[3].

Notas editar

  1. "Muere el periodista de Poio José Martínez Couselo". Diario de Pontevedra (en castelán). 28/5/2021. Consultado o 29/5/2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 V, R. (28/5/2021). "Muere el periodista gallego Martínez Couselo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 29/5/2021. 
  3. 3,0 3,1 "Fallece el periodista José Martínez Couselo". La Voz de Galicia (en castelán). 28/5/2021. Consultado o 29/5/2021. (require subscrición (?)). 
  4. Atlántico (28/5/2021). "Fallece José Martínez Couselo, exdirector de Atlántico". Atlántico (en castelán). Consultado o 28/5/2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar