José María Suárez Núñez

médico e político galego


José María David Suárez Núñez, nado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1932 e finado na mesma cidade o 4 de xuño de 1987, foi un médico e político galego.

Infotaula de personaJosé María Suárez Núñez
Nome orixinal(es) José María David Suárez Núñez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1932 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xuño de 1987 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
1978 – 1984 – Carlos Pajares →
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela e licenciouse en Medicina en 1955, tamén na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Durante o trienio posterior, ata 1958 realizou diversas viaxes a Inglaterra, Francia, Bélxica ou Portugal, como parte da súa especialización en estomatoloxía. En 1966 obtén a cátedra de Anatomía na Universidade de Granada, en 1968 consegue tamén por oposición a cátedra na Universidade Complutense de Madrid, e en 1969 consegue o traslado da cátedra á Universidade de Santiago. Alí ocupou a dirección da escola de Enfermería, ao ano seguinte a secretaría da Facultade de Medicina en 1975 o vicedecanato da mesma e en 1976 o vicerreitorado de Extensión Universitaria da USC.

Nas eleccións xerais de 1977 resultou elixido senador pola UCD, na provincia da Coruña. Ao ano seguinte, 1978 foi designado polo daquela ministro de Educación, Íñigo Cavero, reitor da Universidade de Santiago de Compostela. En 1981 soou o seu nome como candidato da UCD á presidencia da Xunta de Galicia nas primeiras eleccións autonómicas[1], pero finalmente non concorreu. Permaneceu no reitorado ata 1984, cando nas primeiras eleccións universitarias foi derrotado por Carlos Pajares.

Presidente do consello de administración da editorial que publicaba El Correo Gallego, formaba parte do Grupo Diego de Muros de planificación universitaria e era membro tamén da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.


Predecesor:
Pablo Sáez Pedrero
  
Reitor da Univ. de Santiago
 
1978 - 1984
Sucesor:
Carlos Pajares

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar