José María Pardo Montenegro Menéndez Valledor
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: José María Pardo Montenegro.
José María Pardo Montenegro Menéndez Valledor, finado en Mondoñedo o 30 de setembro de 1867[1], foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José María Pardo-Montenegro Menéndez-Valledor |
Morte | 30 de setembro de 1867 Mondoñedo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarNeto de Fernán Sanjurjo de Montenego. Dono do coto de Cochín, do pazo e torre de Terrafeita, da casa de Villamartín e da de Rizal[2]. Foi maxistrado na Audiencia da Coruña (1838), presidente da sala primeira da Audiencia Territorial de Oviedo (1849), maxistrado e presidente da primeira sala da Audiencia de Madrid (1857) e ministro do Tribunal Supremo. Foi elixido deputado por Lugo (1837, 1840), e polos distritos de Vilalba (1846, 1857, 1858, 1863) e Mondoñedo (1851, 1853).
Foi pai de Julia Pardo Montenegro.