José María Laso
José María Laso Prieto, nado en Bilbao o 8 de decembro de 1926 e finado en Oviedo o 21 de decembro de 2009,[1] foi un filósofo e militante comunista español que formou parte tanto do Comité Central como do Comité Federal do Partido Comunista de España (PCE).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1926 ![]() Bilbao, España ![]() |
Morte | 21 de decembro de 2009 ![]() Oviedo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filósofo , político ![]() |
Partido político | Partido Comunista de España ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
Como consecuencia da súa "participación na loita clandestina polo restablecemento da democracia en España" padecería diversas detencións policiais; a consecuencia da última das cales permanecería recluído como preso político entre os anos 1958 e 1963.
De entre as súas contribucións á filosofía española, cabe destacar, por unha banda, a súa achega á difusión e defensa en España da obra do filósofo marxista italiano Antonio Gramsci, de cuxa introdución nela foi pioneiro ó publicar o primeiro libro sobre o filósofo sardo editado na mesma; así como, por outra, da doutrina filosófico-xurídica do Uso Alternativo do Dereito (Iusalternativismo).[2]
Referencia
editar- ↑ "Falece o histórico militante comunista José María Laso". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2009. Consultado o 17 de novembro de 2016.
- ↑ Introducción al pensamiento de Gramsci. Ayuso.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Laso Prieto, José María (2002). De Bilbao a Oviedo pasando por el penal de Burgos. Pentalfa Ediciones. ISBN 84-7848-512-0.
- Javier Batalla, Pilar de Castro (coord.) (1998). Homenaje a José María Laso. Tribuna Ciudadana.
- José María Laso Prieto (decembro de 2004). Laso Prieto, José María. "Un acto académico en Oviedo".