José María López Ramón
José María López Ramón, nado en Santiago de Compostela o 19 de abril de 1916 e finado en Ferrol o 29 de abril de 2009, foi un militar, xornalista e político galego.
José María López Ramón | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1916 e 1916 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 29 de abril de 2009 |
Lugar de falecemento | Ferrol |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xornalista e político |
Premios | Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Despois de pasar a súa infancia en Corcubión, licenciouse en dereito e en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou como militar de artillería e en 1949 comezou a traballar como delegado en Ferrol do xornal El Correo Gallego, trasladado recentemente da cidade departamental a Santiago de Compostela. Simultaneou ese posto co de director da emisora de radio La Voz de Ferrol, de 1950 a 1963.
En 1959 foi designado alcalde de Ferrol e escollido como procurador en Cortes en representación dos concellos coruñeses. Nese tempo inícianse as obras da ponte das Pías. En 1963 foi nomeado Gobernador civil de Ourense cargo que ocupou ata 1970, co que mantén o posto de procurador que lles correspondía a todos os gobernadores civís.
Acadou o grao de coronel de artillería no momento da súa xubilación, e regresou a Ferrol, onde chegou a ser conselleiro delegado do xornal Ferrol Diario.
ObraEditar
- Memorias periodísticas del Ferrol de los cincuenta (2002)
GalardónsEditar
- Fillo adoptivo de Ferrol, Corcubión e Ourense.
- Alcalde de honra de Ferrol
- Gran Cruz da Orde ao Mérito Civil
- Gran Cruz da Orde ao Mérito Militar
Predecesor: Francisco Dopico González |
Alcalde de Ferrol 1959 - 1963 |
Sucesor: Rogelio Cenalmor Ramos |