José María López Noceda

político galego

José María López Noceda, nado en San Xusto de Cabarcos (Barreiros) o 25 de xullo de 1931 e finado en Burela o 10 de febreiro de 2013,[1] foi un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaJosé María López Noceda
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1931 Editar o valor en Wikidata
San Xusto de Cabarcos, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de febreiro de 2013 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Burela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Lourenzá
1979 – 1989 (dimisión)Fe Rodríguez Rocha → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Profesor Mercantil e xestor administrativo. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía de Lourenzá encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións xa por AP sempre con maioría absoluta. Nas eleccións de 1989 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia polo PPdeG e renunciou como alcalde por incompatibilidade pasando a primeiro tenente de alcalde. Volveu ser elixido deputado do Parlamento galego en 1993. Foi presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense dende a súa fundación. Foi membro fundador da FEGAMP e do Consello Federal.


Predecesor:
-
  
Alcalde de Lourenzá
 
1979 - 1989
Sucesor:
Fe Rodríguez Rocha
  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-2-2013, p. 50.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar