José María Fuentes

estudante galego

José María Fuentes Fernández, coñecido como Chema Fuentes, nado en Outes cara a 1952 e finado en Santiago de Compostela o 4 de decembro de 1972, foi un estudante galego.

Modelo:BiografíaJosé María Fuentes
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor en Wikidata
Outes, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de decembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (19/20 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestudante universitario Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do médico Fernando Fuentes Rolao e de Fanny Fernández Hermoso. Fixo o bacharelato no colexio La Salle. Estudante de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, o sábado 4 de decembro de 1972 saíu a cear en Compostela cos compañeiros de facultade, e despois foron a roldar como membros da tuna a unhas compañeiras que vivían nunha residencia na rúa Doutor Teijeiro, preto da clínica Álvarez. O subinspector da policía nacional de paisano Luis Miguel Quiroga Bouzo disparoulle de socato e polas costas, e faleceu practicamente no acto. A versión oficial afirmaba que os axentes da Policía nacional perseguían uns ladróns, dispararon ao aire e un dos tiros alcanzou accidentalmente a José María Fuentes.[1] Logo da súa morte houbo mobilizacións na universidade, cortes de tráfico, cócteles molotov, pechouse a universidade e a presión social obrigou a que se recoñecesen os feitos.[2] O seu enterro en Outes constituíu unha manifestación multitudinaria.[3]

O policía autor da morte foi trasladado a Ourense, pero a instancias do Xulgado de Instrución de Santiago de Compostela foi detido tres días despois e quedou retido nos calabozos da comisaría. Foi acusado de asasinato con aleivosía e xulgado na Audiencia Provincial da Coruña o 3 de xullo de 1973 con presenza de correspondentes de prensa estranxeiros.[4] Foi considerado culpable dun delito de homicidio coa agravante de abuso de superioridade pola súa condición de membro das forzas de orde e por portar unha arma; cualificandose a súa acción como “un exceso de celo no exercicio das súas funcións” ao considerar que “non se requiría o uso da forza” e moito menos o emprego “da arma reglamentaria” que portaba. Foi condenado a 17 anos, 4 meses e 1 día de cadea e a indemnizar á familia da vítima con 700 000 pesetas, que tivo que desembolsar o Goberno franquista pois os xuíces consideraron ao Estado responsable civil subsidiario.[5] En 1977 recibiu a liberdade condicional.[6]

Homenaxe

editar

O 4 de decembro de 2022, no seu 50 cabodano, a asociación Terra de Outes e o Concello de Outes organizaron un acto de homenaxe no que participaron familiares, veciños e representantes da sociedade civil. O alcalde Manuel González López leu unha declaración institucional condenando o asasinato de Chema Fuentes e en defensa dos valores da democracia e dos dereitos humanos. Descubriuse unha placa conmemorativa na praza da Cruz da Serra, nas inmediacións da casa familiar de Chema Fuentes.[7]

  1. "Nota del Gobierno civil sobre la muerte de un joven por un disparo, en Santiago", La Voz de Galicia, 5-12-1972, p. 13.
  2. "Ayer no hubo clases en la mayor parte de las facultades de Santiago", La Voz de Galicia, 7-12-1972, p. 19.
  3. "Gran manifestación de duelo en el sepelio del estudiante don José María Fuentes", La Voz de Galicia, 6-12-1972, p. 22.
  4. "El día 3 de julio se celebrará el juicio por la muerte de un estudiante en Santiago", La Voz de Galicia, 13-6-1973, p. 4.
  5. "Diecisite años de reclusión para el autor de la muerte de un estudiante, en Santiago", La Voz de Galicia, 12-7-1973, p. 17.
  6. Ministerio de Xustiza (16 de decembro de 1977). "ORDEN de 16 de noviembre de 1977 por la que se concede la libertad condicional a 21 penados" (PDF). Boletín Oficial del Estado (300): 27485. 
  7. Pouso, Esperanza (4 de decembro de 2022). "Outes descubre una placa en recuerdo de Chema, un joven asesinado en 1972". El Correo Gallego (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar