Abrir o menú principal

José María Fonseca Moretón

economista español

José María Fonseca Moretón, nado en Ourense o 9 de marzo de 1950, é un economista e empresario galego.

José María Fonseca Moretón
Nacemento9 de marzo de 1950
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióneconomista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1989 participou na fundación de Viñedos do Rosal e Adegas das Eiras, fusionadas posteriormente en Bodegas Terras Gauda, empresa que preside xunto con Viñedos e Bodegas Pittacum. Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (1996-1998) e membro do consello de administración da Editorial Galaxia, da Irmandade dos Viños Galegos e do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño. Foi galardoado co Premio San Martiño (1995) e Centro Galego de Barcelona (2001). Pertence ao consello rexedor da Fundación Carlos Casares. En 2010 foi nomeado presidente da Fundación para la Cultura del Vino.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar