José María Díaz Díaz-Villamil

avogado e político galego
(Redirección desde «José María Díaz y Díaz Villamil»)

José María Díaz Díaz-Villamil, nado no Cerdeiral (Vilaoudriz, A Pontenova) en 1898 e finado en Lugo o 25 de setembro de 1936, foi un avogado e político republicano galego.

Infotaula de personaJosé María Díaz Díaz-Villamil

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Vilaoudriz, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

25 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir
Gobernador civil da provincia de Huesca
Civil governor of Málaga (en) Traducir
Civil governor of Zaragoza (en) Traducir
Gobernador civil
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Maxisterio e traballou como mestre en Vilameá. Despois exerceu como Inspector de Primaria en Lugo e estudou Dereito. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi encarcerado en Madrid por ser o presidente da Sociedade de Estudantes de Dereito.

Foi un dos asinantes do Pacto de Barrantes en setembro de 1929, polo que se creaba a Federación Republicana Gallega dirixida por Santiago Casares Quiroga, que despois adoptaría o nome de ORGA. Como membro destacado deste partido, organizou a Asemblea Rexional de Lugo de maio de 1932 pola cal a ORGA adoptou o nome de Partido Republicano Gallego, e pouco despois foi nomeado gobernador civil de Huesca e Málaga, e en marzo de 1933 de Zaragoza, sendo Casares Quiroga ministro da Gobernación. En 1934 dimitiu do cargo e exerceu como avogado en Vilalba e Lugo, e pouco despois foi un dos encargados de integrar o PRG na nova Izquierda Republicana, da que será vocal por Lugo.

Nas eleccións xerais de febreiro de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Lugo na candidatura da Fronte Popular, sendo o terceiro candidato máis votado na provincia e o primeiro na cidade de Lugo. Ocupou interinamente o cargo de gobernador civil desta provincia durante uns meses. Cando estalou a sublevación militar que deu paso á guerra civil española o 19 de xullo de 1936 organizou a resistencia na cidade de Lugo con Rafael de Vega Barrera e Jacinto Calvo.

Ocultouse nas inmediacións da súa casa natal, en Batinote (A Pontenova), agardando a que o trasladaran a un porto desde onde embarcar rumbo a Cuba. Na madrugada do 25 de setembro de 1936 mantivo unha entrevista cun cómplice nun lugar próximo ao seu refuxio. O colaborador recomendoulle que desistise e retornara ao seu agocho porque non se daban as condicións para a fuga. Detectado o seu regreso por un grupo de gardas civís e falanxistas apostado á espreita, resultou ferido dun disparo e foi rematado cando pretendía fuxir saltando por unha xanela da palleira. Aínda con vida foi trasladado a Vilaoudriz e morreu no hospital de Lugo.[1] O seu domicilio e despacho en Lugo foi asaltado e desvalixado.[2] Foi o único deputado lucense asasinado sen que tivese lugar un simulacro de xuízo.

Vida persoal editar

Casou con Elena Villamil Santalla.

Notas editar

  1. Segundo fontes militares franquistas, o 20 de xullo conseguiu escapar a Ribadeo, pero foi capturado o 12 de setembro e morreu en Taramundi como resultado duna hemorraxia provocada por un disparo. Segundo Ramón García Piñeiro, as circunstacias reais da súa morte foron ocultadas para protexer ao confidente policial que desvelou o seu paradoiro ou ao colaborador que o traizoou.
  2. As primeiras partidas

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar