Xosé María Cao Luaces

caricaturista e xornalista galego
(Redirección desde «José María Cao Luaces»)

Xosé María Cao Luaces, nado en Cervo o 13 de decembro de 1862 e finado en Lanús o 27 de xaneiro de 1918, foi un caricaturista e xornalista galego.

Infotaula de personaXosé María Cao Luaces

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1862 Editar o valor em Wikidata
Cervo, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1918 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Lanús, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Arxentina Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , caricaturista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Tebeosfera: cao_luaces_jose_maria

Traxectoria editar

Fillo dun funcionario de Facenda, residiu de novo en varios lugares, até que o seu pai conseguiu un emprego na fábrica de Sargadelos. Despois marchou a Xixón, onde traballou como pintor decorador na fábrica de louza La Asturiana e foi alumno de José María López Rodríguez. Emigrou a Buenos Aires en 1886. Ao ano seguinte foi contratado por Eduardo Sojo, director da revista Don Quijote. Traballou en Caras y Caretas.

Fundou o Orfeón Gallego en 1890. En 1892 creou e dirixiu o periódico El Eco de Galicia, desde o que impulsou a refundación do Centro Galego de Buenos Aires, pechado un ano antes. En 1894 fundou a revista El Cid Campeador, que se fusionou con La Bomba en 1895. Ilustrou almanaques da época, como El Criollo en 1893.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar