José Manuel Taboada García
José Manuel Taboada García, nado en Vilasantar, é un ex-político galego, que foi alcalde de Vilasantar durante 25 anos ininterrompidos, dende 1982 até 2007.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Vilasantar |
Alcalde de Vilasantar | |
1983 – 2007 ← Manuel García Novo – Manuela García Freire → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , carteiro |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Pai | Manuel Taboada López |
Traxectoria
editarCarteiro de profesión. Involucrado en política dende os 22 anos. Accedeu á alcaldía de Vilasantar tralas eleccións municipais de 1983, conseguindo o seu partido, Alianza Popular, 6 dos once escanos, logrando así a maioría absoluta. Nas seguintes eleccións, as de 1987, conseguiu aumentar a 8 os escanos de AP, repetindo resultado nas de 1991, xa co nome de Partido Popular. Foi perdendo algúns escanos nas sucesivas eleccións, pero mantendo a maioría absoluta até o ano 2007, cando decidiu non presentarse á reelección, e o BNG liderado por Manuela García Freire se fixo coa maioría absoluta con 5 escanos de 9.
Predecesor: Manuel García Novo |
Alcalde de Vilasantar 1983 - 2007 |
Sucesor: Manuela García Freire |
Vida persoal
editarÉ fillo de Manuel Taboada López, último alcalde franquista de Vilasantar. O seu máximo referente foi Manuel Fraga.[1]
Notas
editar- ↑ "Entrevista a José Manuel Taboada García". Galicia Hoxe. 6 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.