Abrir o menú principal

José Manuel Ledo López

político español

José Manuel Ledo López, nado en Monforte de Lemos en 1929, é un médico e político galego do PPdeG.

José Manuel Ledo López
Nacemento1929
 Monforte de Lemos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola USC e licenciado en Estomatoloxía pola Universidade de Madrid, é diplomado en Sanidade Nacional pola Escola Nacional de Sanidade. Foi médico do Servizo Galego de Saúde e xefe de Sanidade de Monforte de Lemos. Concelleiro en Pantón e primeiro tenente de alcalde. Logo do falecemento do alcalde José Chao Falcón a finais de decembro de 1986, foi elixido alcalde o 9 de xaneiro de 1987[1] Nas municipais de 1987 foi o candidato de Coalición Progresista Galega á alcaldía de Pantón, e foi elixido alcalde. Volveu ser elixido polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta, ata 2007 que foi substituído como cabeza de lista por José Luis Álvarez Blanco. Foi presidente da Asociación "Ribeira Sacra Lucense" do Plan Leader.


Predecesor:
José Chao Falcón
  
Alcalde de Pantón
 
1987 - 2007
Sucesor:
José Luis Álvarez Blanco

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 10-1-1987, p. 20.

Véxase taménEditar