José Manuel Barros

político galego
(Redirección desde «José Manuel Barros González»)


José Manuel Barros González, nado en Mosende (O Porriño) o 18 de novembro de 1941 e finado o 2 de xaneiro de 2016[1], foi un político galego do PPdeG.

Modelo:BiografíaJosé Manuel Barros
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Mosende, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2016 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Mosende, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde do Porriño
1981 – 2003 (moción de censura)
← Gonzalo Ordóñez PérezRaúl Francés → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Profesionalmente foi camioneiro, dependente nun establecemento comercial, axente bancario e axente de seguros, antes de dedicarse á política[2].

Nas primeiras eleccións municipais da democracia, Barros figurou nas listas de Coalición Democrática no Porriño, e logo da vitoria por maoría absoluta desta candidatura ocupou o posto de primeiro tenente de alcalde. En 1981 foi nomeado alcalde para substituír o falecido Gonzalo Ordóñez Pérez. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Mantivo a maioría nas sucesivas eleccións polo Partido Popular (1987, 1991, 1995, 1999) até 2003. Nese ano, se ben obtivo a vitoria, perdeu a maioría absoluta e foi desaloxado da alcaldía tras apoiar unha escisión no Partido Popular encabezada por Gonzalo Ordóñez Puime ó candidato do BNG Raúl Francés.

Foi vicepresidente da Deputación de Pontevedra e da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra ata a súa fusión coa Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Tamén tivo cargos na Sociedade Galega de Garantía Reciproca e na Federación Galega de Municipios e Provincias. En 2007 abandonou a política activa.

O seu grande volume valeulle o título de alcalde máis gordo do mundo, certificado polo Libro Guiness, con 153 kg, se ben despois ese peso foi aumentado[2].


Predecesor:
Gonzalo Ordóñez Pérez
  
Alcalde do Porriño
 
1981 - 2003
Sucesor:
Raúl Francés

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar