José Manuel Armesto López
médico e político galego
José Manuel Armesto López, finado en Viana do Bolo en 1918, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 1918 Viana do Bolo, España |
Causa da morte | gripe de 1918 |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Traxectoria
editarIrmán de Antonina Armesto López. Foi médico de Viana do Bolo. Foi deputado provincial de Ourense en 1883. Foi presidente do Comité Republicano de Viana do Bolo en 1894.[1] En 1894 adquiriu os terreos e construíu un balneario en Bembibre, inaugurado en 1896. Tempo despois construíuse un hotel de dous andares, e outro edificio para tratar os doentes con auga quente a presión. Finou en Viana do Bolo a consecuencia da gripe de 1918.[2]
Vida persoal
editarCasou con Elisa Paz Pérez,[3] e foi pai de José Manuel Armesto Paz.