José Luis Muñoz León

futbolista español

José Luis Muñoz León, máis coñecido como Luis Muñoz, nado o 20 de febreiro de 1997 en Málaga, Andalucía, é un futbolista profesional español da canteira do Málaga CF, que xoga como defensa central ou lateral dereito no Córdoba cedido polo club malacitano.

Luis Muñoz
Información persoal
Nome José Luis Muñoz León
Nacemento 20 de febreiro de 1997 (27 anos)
Lugar de nacemento Málaga
Altura 1,81 m
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Córdoba
Carreira xuvenil
2010–2016 Málaga
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2017 Málaga B 57 (5)
2016– Málaga 5 (0)
2017–2018Lugo (c.) 12 (0)
2018–2019Córdoba (c.)
Selección nacional
2015 España sub-18 4 (0)
2016 España sub-19 5 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 16 de agosto de 2018editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Málaga, Andalucía, Muñoz comezou a xogar en equipos da súa cidade natal como o 26 de Febrero CD, o CD Puerto Malagueño e o La Mosca UD. En 2010, con trece anos, uniuse ás categorías inferiores do principal club da súa cidade natal, o Málaga Club de Fútbol. En 2015, tras pasar os equipos de canteira chega ao filial malacitano, Atlético Malagueño. O seu debut sénior sería o 20 de setembro de 2015, xogando o partido completo do seu equipo ante o Loja CD no Estadio Medina Lauxa, encontro que finaliza con empate a dous goles. Ao ano seguinte, o 26 de setembro, asino o seu primeiro contrato profesional, o cal o vincula ao Málaga até 2020.[1] O 16 de outubro, anota o seu primeiro gol, anotando de penalti o sexto do seu equipo na vitoria por 7–0 ante o Alhaurín de la Torre CF. Pouco despois debuta co primeiro equipo na Primeira División, saíndo na segunda metada en substitución de Javier Ontiveros no empate 0−0 no Camp Nou ante o FC Barcelona.[2] Tras este encontro, xogaría outros catro partidos máis en primeira, todos disputando os 90 minutos, ante a Real Sociedad, o Real Madrid, o Granada e o Sevilla.

Clubs editar

Club Categoría Temporada Partidos Goles
Málaga B Terceira 2015−2016 20 0
Málaga B Terceira 2016−2017 30 5
Málaga Segunda 2016−2017 5 0
Lugo Segunda 2017−2018 12 0

Notas editar

  1. "Luis Muñoz, atado hasta 2020" [Luis Muñoz, atado até 2020] (en castelán). 101tv. 26-09-2016. Arquivado dende o orixinal o 29-08-2017. Consultado o 29-08-2017. 
  2. "Messi estornuda y el Barça se resfría" [Messi esbirra e o Barça arrefríase] (en castelán). Marca. 19-11-2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar