Abrir o menú principal

José Luis Moralejo

profesor e tradutor galego
(Redirixido desde "José Luis Moralejo Álvarez")

José Luis Moralejo Álvarez, nado en Santiago de Compostela en 1943, é un latinista galego.

José Luis Moralejo
Nacemento1943
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidade de Boloña
Ocupacióncatedrático de universidade e tradutor
PremiosPremio Nacional de Tradución de España
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Abelardo Moralejo Laso (e irmán de Juan José Moralejo e Serafín Moralejo), é licenciado en Filosofía e letras na especialidade de Filoloxía clásica pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Letras clásicas pola Universidade de Boloña con premio extraordinario. Dende 1991 é catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Alcalá. Foi vogal da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora, da Comisión de Avaliación do Profesorado de Andalucía e da Axencia de Avaliación da Calidade do Profesorado da Comunidade de Madrid (ACAP). É membro dos consellos asesores de varias revistas científicas internacionais e asesor da Biblioteca Clásica Gredos. Tamén é membro do padroado da Fundación Pastor de Estudos Clásicos.

No ano 2009 foi galardoado co Premio Nacional á Mellor Tradución pola súa versión da obra Sátiras. Epístolas. Arte poética de Horacio.

Véxase taménEditar