José Luis Comellas

Historiador galego

José Luis Comellas García-Llera, nado en Ferrol o 16 de outubro de 1928[1] e finado en Sevilla o 23 de abril de 2021,[2] foi un historiador e astrónomo galego.

Modelo:BiografíaJosé Luis Comellas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de abril de 2021 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Sevilla
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoAntonio García-Baquero González (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (2002) (en) Traducir, (sec:Comellas García-Llera, José Luis, p.197-198) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1119886 BUSC: comellas-garcia-llera-jose-luis-1928 Dialnet: 529340

Traxectoria

editar

Neto do escritor Manuel Comellas, o seu pai era químico en Carburos Metálicos e profesor de bacharelato en Cee[3]. Iniciou os estudos de bacharelato en 1940 no colexio Fundación Fernando Blanco desta vila, onde ensinaba seu pai, e continuounos en 1942 no colexio Tirso de Molina[4], xa en Ferrol. Licenciouse en 1951 en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo o premio extraordinario de fin de carreira e o premio Ourtvanhoff[5][Cómpre referencia] o mellor estudante da universidade.

Cursou o doutoramento na Universidade Complutense de Madrid, e rematouno cunha tese sobre os primeiros pronunciamentos en España, en 1953, dirixida por Federico Suárez Verdeguer, e que ao ano seguinte se publicaría como libro, e que sería o primeiro de moitos: Los primeros pronunciamientos en España. Con este título gañou ó ano seguinte o Premio Nacional Menéndez Pelayo.[6] En 1954 obtivo a cátedra de historia da Universidade de Sevilla, universidade na que exercería a docencia ata a súa xubilación, se ben ocasionalmente exerceu a docencia noutras universidades (Santiago 1953-1956, Navarra na década dos sesenta e Tucumán).

En 1963, gañou por oposición á cátedra de Historia de España Moderna e Contemporánea da universidade de Sevilla, pola que competiu con Antonio Domínguez Ortiz. [4]

O interese historiográfico de Comellas centrouse no século XIX, sobre todo na figura da raíña Sabela II, Cánovas del Castillo, a Década moderada e o Trienio liberal, así como acerca dos imperios coloniais e sobre a música. En 1967 publicou Historia de España moderna e contemporánea, que durante un tempo foi unha obra popular e da que se fixeron múltiplas reedicións. Foi director da Revista de Historia Contemporánea que editou a universidade de Sevilla entre 1982 e o 2000.

En 1993, foi nomeado académico de número da Real Academia Sevillana de Buenas Letras​ e da que foi vicedirector de 1999 a 2005.[7] En 1995, foi nomeado membro correspondente por Sevilla da Real Academia da Historia.​

Desde o ano 2000 e ata o final da súa vida foi profesor emérito da universidade de Sevilla, e seguiu escribindo libros sobre historia, astronomía e música.

Astronomía

editar

Ademais da súa obra historiográfica, Comellas foi divulgador de astronomía, e publicou numerosas obras sobre este eido, entre elas un catálogo sobre estrelas dobres, a primeira edición en español do Catálogo Messier e unha popular Guía del firmamento da que se realizaon sete edicións.[2] A Comellas atribúeselle ademais o descubrimento de 20 estrelas dobres.[2]

Mencións honoríficas

editar

Historia de España

editar

Historia da ciencia

editar

Historia da música

editar

Astronomía

editar
  1. Redacción (16 de outubro de 2013). "José Luis Comellas García-Llera. Un historiador amante de la astrología". galiciaartabradigital.com (en castelán). Consultado o 27 de baril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 EFE (23 de abril de 2021). "Muere a los 93 años José Luis Comellas, un referente para los astrónomos". elmundo.es (en castelán). Consultado o 27 de abril de 2021. 
  3. Areas, Darío (2021-05-01). "José Luis Comellas: unha paixón polo universo que naceu na súa infancia en Cee". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-05-01. 
  4. 4,0 4,1 Álvarez, Jesús (23 de abril de 2021). "Muere en Sevilla a los 93 años el astrónomo e historiador José Luis Comellas" (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2021. 
  5. A única referencia á existencia de semellante premio son de menciones biográficas de Comellas. Quizais o nome do premio estea mal, ou non fose un premio relevante.
  6. Siro (26 de abril de 2021). "Un sabio ferrolán". lavozdegalicia.es. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  7. "Comellas García Llera, José Luis". academiasevillanadebuenasletras.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2021. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  8. "Calle Astrónomo Jose Luís Comellas". Calle Astrónomo Jose Luís Comellas. Consultado o 2021-04-23. 

Véxase tamén

editar