José Luis Ábalos

político español
(Redirección desde «José Luis Ábalos Meco»)

José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959,[1] é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas.[2] Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021)​ e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.

Infotaula de personaJosé Luis Ábalos

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Luis Ábalos Meco Editar o valor em Wikidata
9 de decembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Torrent, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
8 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

Minister of Transport, Mobility and Urban Agenda (en) Traducir
7 de xuño de 2018 – 11 de xullo de 2021
← Íñigo de la SernaRaquel Sánchez →
Nomeado por: Pedro Sánchez
Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xullo de 2016 – 15 de xuño de 2018 – Alicia Piquer Sancho (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
5 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
5 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
21 de abril de 2009 – 27 de setembro de 2011
← Inmaculada Rodríguez-Piñero (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

Deputy of Valencia province (en) Traducir
2003 – 2007
Concelleiro do Concello de Valencia
1999 – 2009 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia - diplomatura Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (1981–2024)
Partido Comunista de España (1978–1981) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8636786 Facebook: jose.l.meco Twitter: abalosmeco Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos: Formación editar

A súa familia procede de Carboneras de Guadazaón (provincia de Cuenca),[3] mais el naceu o 9 de decembro de 1959 en Torrent (provincia de Valencia).[4] É fillo do toureiro Heliodoro Ábalos, «Carbonerito», quen durante a Guerra Civil, ofrecía a súa participación de balde en festivais a prol da República.[5]

Mentres estudaba no instituto traballaba nunha tenda de recordos e durante o Curso de Orientación Universitaria (COU) pasou a unha xestoría.[5][6] Tamén colaborou no negocio familiar de bonecas artesanais xunto coas súas sete irmás.[7]

Militante nas Xuventudes Comunistas dende 1976, en 1978 ingresou no Partido Comunista de España (PCE) e, en 1981, pasou ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE).[4] Licenciouse en Maxisterio pola Universidade de Valencia, é profesor de primaria en situación de excedencia,[8][9] e exerceu de docencia durante tres meses nun colexio de Quart de Poblet.[10]

Principio da carreira política editar

En 1983, comezou a súa carreira política foi como xefe de gabinete do delegado do goberno na Comunidade Valenciá. Despois, pasou a se-lo xefe de gabinete do conseller valenciano de Traballo e converteuse en Director de Cooperación Internacional da generalitat valenciana entre 1989 e-1992.[11]

En 1995, e até o ano 2000, converteuse en secretario xeral da Agrupación Socialista de Valencia, vence no congreso comarcal ao historiador Javier Paniagua. Máis tarde, no 1999, foi elixido concelleiro do Concello de Valencia, permanecendo até 2009.[12][13] Durante este etapa na política local, tamén foi deputado provincial e voceiro do grupo municipal socialista no concello.​

No 2000, no congreso do PSPV-PSOE, presentouse como candidato á secretaría xeral do partido sendo derrotado por Joan Ignasi Plá mais, a pesar de todo, conseguiu a vicesecretaría xeral do partido; cargo que mantivo durante varios anos.

O 3 de decembro de 2009, tras a renuncia de Inmaculada Rodríguez-Piñeiro, accede ao Congreso dos Deputados por Valencia[11] e renovou as actas de deputado nas eleccións posteriores. De 2012 a 2017, exerceu de secretario general do PSPV en Valencia.

Do 24 de maio de 2017, despois do proceso de primarias no PSOE no que apoiou a Pedro Sánchez, foi elixido voceiro do grupo socialista no Congreso dos Deputados de xeito interino até o 19 de xuño de 2017, en que tralo Congreso Federal do partido, foi substituído no cargo por Margarita Robles[14] e el pasou a desempeñar a secretaría de organización do PSOE.

Ministro editar

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministro de Fomento do goberno de Pedro Sánchez,[15] despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy (PP), que Ábalos coordinou.[15] En xaneiro de 2020, foi nomeado Ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no Segundo Goberno de pedro Sánchez, e tomou posesión o día 13.[16] Aínda que se mantiñan, basicamente, as mesmas competencias que no anterior Ministerio de Fomento, o cambio de denominación obedeceu á vontade de salientar cales eran os novos obxectivos do ministerio.[17]

En 2020, durante a madrugada do 19 de xaneiro anunciouse unha reunión de Ábalos cunha delegación venezolana no aeroporto de Barajas, na que ademais do ministro de Turismo de Venezuela Félix Plasencia -axudante de FITUR- coincidiu coa vicepresidenta dese país, Delcy Rodríguez, que tiña prohibido entrar no espazo Schengen.[18][19] Despois de negalo inicialmente, Ábalos admitiu ter unha conversación con Rodríguez, e engadiu que lle pediu a Rodríguez que tratase de non baixar do avión.[20][21] Os partidos do PP e Cidadáns manifestaron entón a súa vontade de solicitar a comparecencia do ministro no Congreso dos Deputados para que explicase o encontro.[22] Posteriormente, fíxose público que ese mesmo día tivo lugar unha segunda reunión de 20 minutos, nunha sala VIP da empresa Sky Vallet no aeroporto.[23]

O 10 de xullo de 2021, anunciouse a súa saída do equipo de goberno de Pedro Sánchez. O 30 de setembro de 2021 asumiu a presidencia da Comisión de Interior no Congreso dos Deputados.

Polémicas editar

En outubro de 2020, durante as restricións por mor da pandemia de COVID-19, foi fotografado fumando no Congreso dos Deputados coa voceira do PSOE, Adriana Lastra, e sen respecta-la distancia de seguridade cuns periodistas; o, daquela, ministro admitiu os feitos, argumentando que "non podía actuar doutro xeito" e que estaban os dous a fumar nun recuncho cando se achegaron varios xornalistas.[24] Esa conduta foi denunciada por Toni Cantó, quen tuiteou que “xa que están feitos doutra pasta, as normas non van con eles”.[25]

En novembro de 2021, o xornal dixital The Objective publicou unha serie de noticias, elaboradas pola periodista Ketty Garat, que provocaron polémica ao acusar ao exministro Ábalos de levar unha "escura dobre vida" insinuando a participación de festas con mulleres e que, esas actividades, serían a causa pola que foi destituído como ministro polo presidente Pedro Sánchez.[26] O exministro foi entrevistado no programa Todo es verdad, presentado por Risto Mejide en Cuatro, negando tódolos feitos e anunciando unha querela penal.[27]

Cargos desempeñados editar

  • Xefe de Gabinete do delegado do Goberno na Comunidade Valenciana (1983-1987)
  • Xefe de Gabinete do conselleiro de Traballo da Generalitat Valenciana (1988-1991)
  • Director de Cooperación Internacional da Generalitat Valenciana (1989-1992)
  • Concelleiro no Concello de Valencia (1999-2009)
  • Deputado nas Cortes Valencianas (2003-2007)
  • Deputado por Valencia no Congreso dos Deputados (2009-actualidade)
  • Secretario de Organización del PSOE (2017-actualidade)
  • Ministro de Fomento (2019-2020)
  • Ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (xaneiro 2020-xullo 2021)[28]

Vida persoal editar

Casou en tres ocasións e ten cinco fillos, entre cinco e trinta e oito anos de idade.[7] En maio de 2020, trala difusión do seu enderezo familiar por parte do periodista Javier Negre, a familia sufriu un escrache no domicilio.[29]

Notas editar

  1. Téllez de Meneses, Bea (3 de novembro de 2021). "Ábalos, al descubierto: sus mujeres, sus hijos, su sueldo, sus casas, sus aficiones y más". vozpopuli.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  2. "Ábalos Meco, José Luis". congreso.es (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2021. 
  3. Albadalejo, Diego; Auñón, Paco; Torres, Rocío (7 de xuño de 2018). "El ministro de Fomento José Luis Ábalos es hijo de un torero de Cuenca". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Ruiz Valdivia, Antonio (24 de maio de 2017). "17 cosas que no sabías de José Luis Ábalos". huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Ramírez, Daniel (16 de xuño de 2018). "Ábalos, nieto de guardia civil, hijo del torero 'Carbonerito': la historia familiar del poderoso ministro". elespanol.com (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  6. Gil, Iván (6 de xuño de 2018). "José Luis Ábalos, una juventud comunista y una carrera socialista peldaño a peldaño". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 "Jose Luis Ábalos: Del barro a la cima". valenciaplaza.com (en castelán). 26 de abril de 2018. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  9. Redacción (7 de xuño de 2018). "Ábalos, fiel escudero de Pedro Sánchez". abc.es (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  10. Sánchez, Javi (12 de xullo de 2021). "José Luis Ábalos, el hijo de torero, casado tres veces y padre de cinco hijos y amante de la bachata". revistavanityfair.es (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  11. 11,0 11,1 "Ábalos Meco, José Luis". congreso.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  12. Sanjuan, Héctor (6 de xuño de 2018). "José Luis Ábalos: un histórico fontanero del PSPV que se consolidó a la sombra de Pedro Sánchez". elmundo.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  13. EFE/Redacción (5 de xuño de 2018). "José Luis Ábalos, un hombre leal a Pedro Sánchez al frente de Fomento". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  14. Sanz, Luis Ángel (18 de xuño de 2017). "La magistrada Margarita Robles será la nueva portavoz del PSOE en el Congreso de los Diputados". elmundo.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  15. 15,0 15,1 Redacción (7 de xuño de 2018). "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez". elpais.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  16. A., B.; G. M., M. (13 de xaneiro de 2020). "Los ministros del nuevo Gobierno prometen su cargo ante el Rey y toman posesión de sus carteras". .expansion.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  17. Pedragosa Raduá, José Luis (16 de xaneiro de 2020). "El nuevo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.... oportunidad del cambio de modelo de gestión del tráfico". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  18. Rodríguez, Antonio; Requeijo, Alejandro (23 de xaneiro de 2020). "Ábalos se reúne de madrugada y dentro de un avión con la vicepresidenta de Venezuela". vozpopuli.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  19. Redacción (24 de xaneiro de 2020). "Ábalos admite ahora un "saludo forzado" con la vicepresidenta de Venezuela". publico.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  20. EFE (25 de xaneiro de 2020). "Ábalos dice que Marlaska le pidió que Delcy Rodríguez no bajase del avión". efe.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  21. Redacción (24 de xaneiro de 2020). "Ábalos admite ahora, tras negarlo, que se vio con la número dos de Maduro en un avión privado en Barajas". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  22. Redacción (23 de xaneiro de 2020). "Ábalos 'coincidió' con la 'dos' de Maduro en Madrid y PP y Cs piden que lo explique en el Congreso". elespanol.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  23. Pascual, Francisco (10 de febreiro de 2020). "Ábalos mantuvo un segundo encuentro de 20 minutos con Delcy Rodríguez en una sala VIP de Barajas". elmundo.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  24. Acevedo, Luisa (22 de novembro de 2020). "José Luis Ábalos, tras ser pillado fumando sin respetar distancias: "No puedo actuar de otro modo"". eleconomista.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  25. Redacción (21 de novembro de 2021). "Críticas a Lastra y Ábalos por fumar en los exteriores del Congreso sin guardar la distancia de seguridad". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  26. Garat, Ketty (5 de novembro de 2021). "EXCLUSIVA. Las razones de la caída de Ábalos (I): Sánchez echó al ministro por su «oscura doble vida»". theobjective.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  27. Silvestre, Javier (11 de novembro de 2021). "José Luis Ábalos rompe su silencio en 'Todo es verdad': "Saldré de esta como he salido de otras"". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 
  28. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  29. Acevedo, Luisa (19 de maio de 2020). "José Luis Ábalos, víctima de un escrache: hijo de torero y padre entregado a su mujer y sus cinco hijos". eleconomista.es (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar