José Liste Naveira
ebanista, escultor e político galego
José Liste Naveira, nado en Santiago de Compostela en 1904 e finado na mesma cidade o 6 de xullo de 1973, foi un ebanista, escultor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Santiago de Compostela, España |
Morte | 6 de xullo de 1973 (68/69 anos) Santiago de Compostela, España |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952 Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , ebanista , escultor |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Olimpio Liste Naveira |
Traxectoria
editarEbanista de Santiago de Compostela. Mestre maior do gremio da artesanía de Santiago de Compostela. No franquismo foi elixido procurador en Cortes polos Gremios Artesanos Sindicales de España en abril de 1949.[1] Finou en Santiago de Compostela o 6 de xullo de 1973.[2]
Vida persoal
editarCasou con Carmen García Torres e foi pai de José, Carmen e Esther Liste García.