José Iglesias Rodríguez

futbolista galego

José Iglesias Rodríguez, máis coñecido futbolisticamente como Machicha II, nado a comezos do século XX en Vigo foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro. Era irmán do tamén futbolista Ángel Iglesias Rodríguez, Machicha.

José Iglesias Rodríguez
Información persoal
Lugar de nacemento Vigo
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa carreira futbolística transcorreu no Celta de Vigo, equipo polo que fichou, xunto ao seu irmán, coincidindo coa chegada do adestrador vasco José María Peña Salegui. Na tempada 1935/36 participou no primeiro ascenso do club a Primeira División. Porén o debut tivo que agardar ata 1939 ao producirse o alzamento militar contra o goberno da República que desembocou na Guerra Civil.

Unha vez retomadas as competicións oficiais José non contou con moitas oportunidades por parte do adestrador, Ricardo Comesaña, pero chegou a debutar en Primeira División. Xogaría o seu último encontro co Celta o 14 de abril de 1940. Na temporada seguinte, 1940/41, xogou no Racing de Ferrol, na 2ª División, onde disputou 12 partidos e marcou 2 goles.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar