José Horacio Gómez

Arcebispo católico mexicano-estadounidense.

José Horacio Gómez, nado en Monterrey o 26 de decembro de 1951, é un arcebispo católico, teólogo, filósofo, científico, contable, e Doutor en Belas Artes, mexicano-estadounidense.

José Horacio Gómez
Archbishop Gomez.jpg
Nacemento26 de decembro de 1951
 Monterrey
NacionalidadeEstados Unidos de América e México
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Nacional Autónoma de México, Instituto Tecnológico e de Estudos Superiores de Monterrey e Universidade de Navarra
Ocupaciónsacerdote católico, filósofo e científico
editar datos en Wikidata ]

No ano 1978 foi ordenado sacerdote do Opus Dei. Exerceu o seu ministerio sacerdotal en España, México e Estados Unidos. Entre os anos 2001 e 2004 foi bispo auxiliar de Denver e bispo titular de Belali. Entre 2004 e 2010, foi arcebispo de San Antonio de Texas, e desde 2011 é arcebispo dos Ánxeles.[1] Foi membro da Pontificia Comisión para América Latina e actualmente pertence ao Pontificio Consello para as Comunicacións Sociais, na Curia Romana. É o presidente da Conferencia Episcopal dos Estados Unidos desde novembro de 2019.[2]

Primeiros anos e formaciónEditar

Nado o 26 de decembro de 1951 na cidade mexicana de Monterrey, realizou os seus estudos secundarios no Instituto Tecnolóxico e de Estudos Superiores de Monterrey. Na Universidade Nacional Autónoma de México obtivo o título de grao de Bachelor of Science e Bachelor of Arts e tamén se licenciou en Contabilidade e Filosofía até o ano 1975. Uniuse como membro do Opus Dei (Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei) durante estes anos.

Foi vivir a España no ano 1975. Licenciouse en Teoloxía pola Universidade de Navarra, en 1978, co sostemento económico do Centro Académico Romano Fundación (CARF).[3]

SacerdocioEditar

O cardeal Franz König ordenouno sacerdote do Opus Dei, o 15 de agosto do 1978, no Santuario de Torreciudad. En 1980 volveu á Universidade de Navarra onde obtivo o título de Doutor de Teoloxía Sacra.

Traballou como sacerdote en España tras finalizar os seus estudos universitarios, e logo volveu a México, onde estivo ao cargo de diferentes parroquias. No ano 1987 trasladouse aos Estados Unidos. Ata 1999, traballou nas tarefas pastorais da parroquia da Residencia da nosa Señora da Graza de San Antonio (Texas). Durante este período axudou na Arquidiócesis de Galveston-Houston. Obtivo a cidadanía estadounidense no ano 1995.

No ano 1991, converteuse nun representante rexional da Asociación Nacional de Sacerdotes Hispanos e Latinoamericanos. En 1995 chegou a ser o seu presidente; entre os anos 1999 e 2001, foi o seu director executivo.

Foi membro xeral do Consello de Administración do Consello Nacional Católico do Ministerio Hispano entre os anos 1997 e 1998; foi tesoureiro en 1999. No mesmo ano, levou a cabo a formación do Centro San Juan Diego para a Familia e a Pastoral da Saúde, onde se ofrece acollida aos inmigrantes en Denver (Colorado).

Tamén en 1999, converteuse en vigairo do Opus Dei en Texas. No ano 2000, xunto ao cardeal Norberto Rivera Carreira fundaron o Seminario Hispano de Santa María de Guadalupe de México, D. F.

Carreira episcopalEditar

Foi nomeado bispo auxiliar da arquidiocese de Denver e bispo titular de Belali polo papa Xoán Paulo II, o 23 de xaneiro de 2001. O arcebispo Charles Joseph Chaput (O.F.M. Cap.), tendo como co-consagrantes aos bispos Joseph Anthony Fiorenza e Javier Echevarría Rodríguez, concedeulle a consagración episcopal o 26 de marzo dese ano.[4]

Arcebispo de San AntonioEditar

En sucesión de Mons. Patrick Flores, foi nomeado Arcebispo da Arquidiocese de San Antonio, o 29 de decembro de 2004.

A revista Time elixiuno como un dos 25 hispanos máis influentes nos Estados Unidos en 2005 e, en 2007, foi incluído na lista de hispanos notables residentes no país pola CNN. No 2006, participou na creación da Asociación Católica de Líderes Latinos (CALL).

Foi nomeado conselleiro da Pontificia Comisión para América Latina e foi membro da Xunta de Síndicos da Universidade Católica de América, na Curia Romana.[5] Pasou a ser membro da Conferencia Episcopal Estadounidense, da cal foi presidente da Subcomisión para a Igrexa en América Latina, presidente electo da Comisión de Migración e pertence ao Comité de Doutrina.

Arcebispo dos ÁnxelesEditar

 
José Horacio Gómez na Catedral da nosa Señora dos Ánxeles.

Foi nomeado arcebispo coadjutor da arquidiocese dos Ánxeles o 6 de abril de 2010 e, o 1 de marzo de 2011, foi nomeado polo papa Bieito XVI como novo arcebispo desa mesma arquidiocese, en sucesión do cardeal Roger Michael Mahony. É o primeiro bispo hispano de máis alto rango nos Estados Unidos.

En outubro de 2012, foi nomeado polo papa Bieito XVI para ser un dos representantes no Sínodo dos bispos sobre a nova evanxelización, por considerarse moi dinámico e diverso cultural, etnicamente e racialmente. O 24 de novembro do mesmo ano foi nomeado membro do Pontificio Consello para as Comunicacións Sociais.

Premios e condecoraciónsEditar

  • Premio Anual O Bo Pastor, (outorgado pola Asociación Nacional de Sacerdotes Hispanos e Latinoamericanos).
  • Comandante da Orde do Santo Sepulcro de Xerusalén.

PublicaciónsEditar

  • José H, Gómez, A Will to Live: Clear Answers on End of Life Issues, Basilica Press, Irving, TX, 2008. ISBN 978-1930314061 
  • José H, Gómez, Men of Brave Heart: The Virtute of Courage in tge Priestly Life, Our Sunday Visitor, Huntington, IN, 2013. ISBN 978-1612785653 
  • José H, Gómez, Immigration and the Next America: Renewing the Soul of Our Nation, Our Sunday Visitor, Huntington, IN, 2013. Editado tamén en español, ese mesmo ano.

NotasEditar

  1. Ficha del arzobispo José Horacio Gómez Velasco, en The Hierarchy of de Catholic Church (USA). Consultado 13.11.2019
  2. "Gómez, mexicano y ordenado en España, primer latino en ser elegido presidente de los obispos de EEUU". Religión en Libertad (Madrid). 12 de novembro de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  3. "Un sacerdote por 73.000 euros". ABC (España). 
  4. http://www.archbishopgomez.org/about-archbishop Arquivado 12 de novembro de 2019 en Wayback Machine., Timeline en About the archbishop. Consultado 13.11.2019
  5. Página web de la Pontifica Comisión para América Latina. Consultado 13.11.2019

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar