José Gutiérrez Verdín

futbolista español

José Gutiérrez Verdín, nado en Salinas (Castrillón, Asturias) o 18 de agosto de 1918 e finado o 1 de febreiro de 1966, foi un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro.

Verdín
Información persoal
Nome José Gutiérrez Verdín
Nacemento 18 de agosto de 1918
Lugar de nacemento Salinas
Falecemento 1 de febreiro de 1966
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1941–1944 Deportivo da Coruña 20 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na tempada 1941–42 formou parte do equipo do Deportivo da Coruña que debutou en Primeira División. A súa estrea produciuse na primeira xornada, da man do adestrador galego Celso Mariño, nunha vitoria no vello campo de Riazor fronte o CD Castellón (2–1). Esa campaña xogou 11 partidos, non sendo un habitual do ataque coruñés aínda que empezou a temporada de titular. Relegado á suplencia, os dianteiros habituais nesa campaña foron Cuca, Caballero, Antonio Chao e Elícegui.

Nas dúas seguintes campañas non participou case en ningún partido, xogando tan só 9 partidos en dous anos. O seu único gol en Primeira División anotouno na tempada 1943–44, na xornada 19, nun empate a domicilio contra o Sevilla FC (2–2).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.