José Goñi Aizpúrua

xornalista vasco

José Goñi Aizpúrua, nado en Donostia o 8 de agosto de 1908 e finado en Madrid o 16 de maio de 1964,[1] foi un xornalista vasco.

José Goñi Aizpúrua
Jose Goñi Aizpurua.png
Nacemento8 de agosto de 1908
 Donostia
Falecemento16 de marzo de 1964
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciou a súa actividade xornalística profesional en Donostia, onde foi redactor de La Constancia e despois de El Diario Vasco.[2] En 1934 foi nomeado director do periódico tradicionalista Pensamiento Alavés, publicado en Vitoria, que se posicionou a favor dos sublevados logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En outubro de 1937 cesou na dirección de Pensamiento Alavés,[3] e trasladouse en 1938 a Santiago de Compostela, onde dirixiu El Correo Gallego e fundou e dirixiu La Noche até 1960.[4][5][6] Despois estableceuse en Madrid, onde foi delegado e conselleiro de Faro de Vigo e La Noche, do diario España de Tánxer, conselleiro delegado de Informaciones e xefe da Cifra Gráfica. Tamén foi correspondente de varios periódicos españois.[7][8]

ObrasEditar

En 1945 publicou o libro La guerra fue así ..., sobre a Segunda guerra mundial, con prólogo de Camilo Barcia Trelles.[9]

Vida persoalEditar

Casou con María Rosa Etchevers e foi pai de Ana, José Luis, Juan Carlos, Rosa, Ramón e Fernando Goñi Etchevers.

NotasEditar

  1. La Noche, 23-5-1964, p. 10.
  2. "Fallecimiento y entierro de don José Goñi Aizpurua". Hoja oficial del lunes: 2. 18 de mayo de 1964. 
  3. "Pensamiento Alavés". Auñamendi Eusko Entziklopedia. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2010. 
  4. García Ruescas, Francisco (1971). Historia de la publicidad en España. Editora Nacional. p. 75. 
  5. Alonso Montero, Xesús (2000). Beatus qui legit. Univ Santiago de Compostela. p. 7. 
  6. "Archivos para desempolvar. Prensa digitalizada (a fecha 3 de mayo de 2013): La Noche". Asociación de Veciños Compostela Vella. 
  7. "Otras notas de luto: El periodista Don José Goñi Aizpurua". ABC. 17 de mayo de 1964. 
  8. "Ha fallecido el periodista don José Goñi". La Vanguardia Española. 17 de maio de 1964. 
  9. El Correo Gallego, 8-2-1945, p. 4.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar