Xosé Gambino
Xosé Gambino, nado no Faramello (Ribasar, Rois) o 14 de maio de 1719 e finado en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1775, foi o máximo expoñente da escultura rococó en Galicia.
Xosé Gambino | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1719 |
Lugar de nacemento | Pazo do Faramello |
Falecemento | 24 de agosto de 1775 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escultor e imaxineiro |
Coñecido por | Retablo maior do mosteiro de Sobrado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu no pazo do Faramello. Colaborou con Fernando de Casas Novoa na fachada do Obradoiro. Os franciscanos encargáronlle unha figura de santo Antón para o convento de San Francisco de Herbón, onde innovou a iconografía galega co neno nun só brazo. Máis tarde, neste mesmo convento, tallou as imaxes da Virxe, san Xosé, san Francisco, san Miguel, san Rafael e Santiago Peregrino. Realizou as imaxes para o retablo da capela do pazo de Oca. En 1753 traballou no mosteiro de Oseira.
É emblemático o seu Santiago peregrino da sala capitular da basílica compostelá e as súas imaxes de Santiago Matamouros (na propia catedral e no frontón do Pazo de Raxoi). Salienta tamén un san Roque na capela compostelá do mesmo nome.
Grandes mosteiros como o de Sobrado dos Monxes[1] e San Martiño Pinario reclamaron tamén os seus servizos. Con el formouse o grande escultor galego do período seguinte Xosé Ferreiro, xenro seu.
NotasEditar
- ↑ "Donativo de dos esculturas procedentes del extinguido monasterio de Sobrado". Boletín da Real Academia Galega (141): 327–328. 1921.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Gambino |
BibliografíaEditar
- Álvaro, Milagros (1997). Gambino 1719-1772. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-8288-149-2.