José Gómez Veiga

músico e compositor galego

José Gómez Veiga, coñecido como José Gómez Curros e Pepe Curros, nado en Santiago de Compostela o 10 de agosto de 1864 e finado en Vigo o 12 de outubro de 1946,[1] foi un músico e compositor galego.

José Gómez Veiga
Nacemento10 de agosto de 1864
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento12 de outubro de 1946
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e compositor
FillosJosé Gómez Posada-Curros
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de José Gómez "Curros" e Ramona Veiga Mosquera. Iniciouse na música aos dez anos co maxisterio do seu pai e completou su a súa formación con Andres Gómez Cidre, Mariano Tafall e Hilario Courtier. Desempeñou o cargo de segundo violin no Teatro Principal e na Capela catedralicia. A partir de 1880 participou como xurado en certames e en 1884 obivo o primeiro premio nun certame de violin de Santiago de Compostela. Formou unha orquestra e varias agrupacións de cámara: dúo, cuarteto, quinteto e sexteto, co que gañou un premio nun concurso en Pontevedra (1889). Foi director da Tuna compostelana varios anos e fixo con ela viaxes por Galicia o resto de España e Portugal. Fundou sociedades de concertos para ofrecer actuaciós de forma periodica. En 1893 foi nomeado profesor de violin da escola de música da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, da que foi director en 1912. Tamén foi profesor do Colexio de Sordomudos e de Cegos de Santiago de Compostela (1891-1944). Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes da Coruña en 1944.

CompositorEditar

Compuxo melodías galegas para canto e piano e pezas para estudiantina. Entre as súas obras máis coñecidas destacan a zarzuela De regreso de Pascuas con Jesús García e as cancións "Rompe o día” e “La Aurora del Combate”. As súas partituras foron interpretadas en cafés, teatros e igrexas de Compostela.

RecoñecementosEditar

  • Medalla do Traballo do Concello de Santiago de Compostela, 1935.

Vida persoalEditar

Casou con Concepción Posada Román e foi pai de José Gómez Posada-Curros.

NotasEditar

  1. El Correo Gallego, 16-10-1946, p. 3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar