Fernando Vila Brión

químico, farmacéutico e político galego
(Redirección desde «José Fernando Vila Brión»)

José Fernando Vila Brión, nado en Xuño (Porto do Son) o 21 de xuño de 1938[1] e finado en Padrón o 22 de febreiro de 2021,[2][3] foi un químico, farmacéutico e político galego que foi alcalde do concello de Dodro.

Infotaula de personaJosé Fernando Vila Brión
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1938 Editar o valor em Wikidata
Xuño, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de febreiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
Alcalde do concello de Dodro (1979 - 2007)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónFarmacéutico
Partido políticoUCD, CP. CPG e Partido Popular de Galicia
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFelicitas Santiso Castaño
FillosMaría Fernanda
María del Carmen
Lucía

Traxectoria editar

Licenciouse e doutorouse en Ciencias Químicas, e licenciouse en Farmacia, na Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Foi presidente da Fundación Hospital Médico Cirúrxico Provincial de Santiago, en Conxo, e conselleiro xeral de Caixa Galicia.[1]

Foi alcalde de Dodro durante vinte e oito anos, dende as primeiras eleccións municipais do presente período democrático (1979) cando encabezou a candidatura de UCD, pasando en 1983 á Coalición Popular, en 1987 á CPG e dende as municipais de 1991 ao PPdeG, até as municipais de 2007, nas que non se presentou á reelección. Isto convérteo no alcalde de Dodro co mandato máis longo da historia do concello. Compaxinou a alcaldía co oficio de farmacéutico.


Predecesor:
Manuel Morales Pérez
  
Alcalde de Dodro
 
1979 - 2007
Sucesor:
Arturo Díaz Díaz

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Vila Brión, José Fernando". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 594-595. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. López, Uxía (22-02-2021). "Falece aos 82 anos Fernando Vila Brión, exalcalde de Dodro". La Voz de Galicia. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  3. Arca (22-02-2021). "Faleceu onte o exalcalde de Dodro Fernando Vila". El Correo Gallego. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar