José Enrique Fernández de Moya

político español

José Enrique Fernández de Moya Romero, nado en Xaén o 17 de abril de 1969, é un político español, secretario provincial do PP de Xaén e actual alcalde de Xaén. É profesor de Dereito financeiro da Área de Dereito Financeiro e Tributario do Departamento de Dereito Civil, Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Xaén.[1]

José Enrique Fernández de Moya Romero
José Enrique Fernández de Moya

Actualmente no cargo
Dende o 11 de xuño de 2011
Precedido por Carmen Peñalver

Actualmente no cargo
Dende o 20 de novembro de 2011


Secretario Provincial do PP en Xaén
Actualmente no cargo
Dende o 1996

Datos persoais
Nacemento 17 de abril de 1969 (55 anos) Xaén, Andalucía
Partido Partido Popular
Profesión Profesor universitario

Traxectoria política editar

Ingresou no PP en 1991, sendo presidente Provincial de Novas Xeracións en 1994 e 1995. Ao ano seguinte, 1996, foi elixido Secretario Provincial do PP de Xaén e Presidente do PP de Xaén no ano 2000. Desde 2002 é Vicesecretario Xeral do PP-A, na Área de Estudos e Programas.[2]

Desde 2011 é senador pola provincia de Xaén ao ser elixido nas eleccións xerais dese ano.

Alcalde de Xaén editar

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a lista do Partido Popular ao concello de Xaén, que obtivo maioría absoluta,[3] tomando posesión o 11 de xuño.[4]

Predecesor:
Carmen Peñalver
Alcalde de Xaén
2011-...
Sucesor:
No cargo

Notas editar

  1. "www.ujaen.es". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 01 de xaneiro de 2013. 
  2. parlamentodeandalucia.es
  3. Un profesor de Derecho que será alcalde de Jaén a los 42 años
  4. "Fernández de Moya toma posesión como alcalde de Jaén". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2011. Consultado o 01 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar