Abrir o menú principal

Xosé López Orozco

político español
(Redirixido desde "José Clemente López Orozco")

TraxectoriaEditar

 
Orozco, en xuño de 2011.

É licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Pontificia de Salamanca e doutorado pola Universidade de Santiago de Compostela. Na década de 1970, traballou como mestre no IES de Viveiro e mais no IES Xoán Montes de Lugo (1972-77) para finalmente acadar a condición de catedrático de Filosofía no IES Lucus Augusti.

É militante socialista dende decembro de 1975 e membro da FETE-UXT dende 1981. Na actualidade é presidente da agrupación luguesa do PSdeG e membro da executiva nacional galega. Foi o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia entre 1987 e 1990, e membro do Consello Asesor da Televisión Española en Galicia entre 1990 e 1995.


Predecesor:
Joaquín García Díez
  
Alcalde de Lugo
 
1999 - 2015
Sucesor:
Lara Méndez López

PublicaciónsEditar

  • Homenaje a Ortega, en colaboración cos profesores de Filosofía de Lugo.
  • El empleo: reto del momento, en la XIV Semana Galega de Filosofía. (1977)

Foi colaborador nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia.

Véxase taménEditar