José Cendán Castro
militar e filántropo galego
José Cendán Castro, nado en Rioaveso (Cospeito) en 1870 e finado na Coruña o 10 de xaneiro de 1934, foi un militar e filántropo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1870 ![]() Rioaveso, España ![]() |
Morte | 10 de xaneiro de 1934 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar, filántropo ![]() |
Traxectoria
editarCapitán de Infantería. Donou un edificio para casa-escola e sufragou liñas eléctricas, camiños e outras obras na súa parroquia natal de Rioaveso.[1] A Escola inaugurouse o 25 de agosto de 1929 coa participación do gobernador civil Mariñas, Pablo Pena de Olano, Antonio García Hermida, o coronel Martínez Cabrera e o inspector Luís Soto Menor. O Ministerio de Estado concedeulle a cruz da Orde do Mérito Civil en 1930.[2] Finou na Coruña o 10 de xaneiro de 1934 aos 63 anos.[3]
Vida persoal
editarCasou con Matilde Pita Torres.