José Castro Álvarez
José Castro Álvarez, nado en Ponteareas o 28 de setembro de 1932, é un político galego.
José Castro Álvarez | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1932 |
Lugar de nacemento | Ponteareas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Nava Castro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Pertenceu ao Frente de Juventudes, foi militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS e delegado de Sindicatos en Ponteareas. Durante o franquismo foi nomeado alcalde de Ponteareas en novembro de 1968.[1] Coa chegada da democracia entrou en Alianza Popular e foi deputado no Congreso dos Deputados (1989-1993), senador (1993-1997) e primeiro presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (1989-1992).
En 1997 foi inhabilitado por falsidade en documento público.[2] Castro, que se mantivo na alcaldía ata o 2000 mentres recorría, formou o seu propio partido, Unión Condado-Paradanta (UCPA) co que concorreu ás eleccións municipais de 1999 presentándose el como candidato e indo de número tres da candidatura á súa filla, Nava Castro.
Predecesor: Juan Antonio Candeira Blanco |
Alcalde de Ponteareas 1968 - 2000 |
Sucesor: Nava Castro |
Predecesor: Non houbo |
Presidente da Fegamp 1989 - 1992 |
Sucesor: José Luis Torres Colomer |
Notas Editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 26-11-1968, p. 9.
- ↑ Tres años de cárcel para el alcalde de Ponteareas (29-5-1997). El País. Consultado o 10-3-2013.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- "Castro Álvarez, José". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011. p. 217.
Outros artigos Editar
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Lista de senadores galegos desde a Transición
- Eleccións municipais en Ponteareas
Ligazóns externas Editar
- Ficha no Congreso Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado