Abrir o menú principal

José Casais Santaló

escritor e diplomático galego

José Casais Santaló, nado en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1894 e finado en Juiz de Fora (Minas Gerais) o 31 de agosto de 1971, foi un escritor e diplomático galego.

José Casais Santaló
José Casais Santaló 1915.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1915.
Nacemento27 de agosto de 1894
 Santiago de Compostela
Falecemento31 de agosto de 1971
 Juiz de Fora
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e diplomático
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo de Pío Casais Canosa, que foi notario de Rábade, Sarria, A Estrada e Santa Cruz de Tenerife. Estudou o Bacharelato en Lugo e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid coa tese La jurisdicción del trabajo (1918). Foi profesor auxiliar de Dereito Político na USC (1920-1921). Traduciu ao castelán os Principii di diritto processuale civile de Chiovenda. Foi redactor de La Idea Moderna e colaborou en Ilustración Gallega, El Progreso, El Regional e Vida Gallega. Traballou no Instituto de Reformas Sociales e centrou os seus intereses no tema da vivenda social ao que dedicou varios traballos. Foi agregado comercial en Marrocos, París, Chile e Arxentina. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abandonou a embaixada de España en Buenos Aires e instalouse en Brasil, onde foi amigo de Antenor Nascentes. Foi expulsado da Administración Pública e condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. Permaneceu no Brasil até a súa morte, aínda que nos últimos anos pasou tempadas en Santa Cruz de Tenerife, na casa do seu irmán.

ObrasEditar

  • Emigración española y particularmente gallega, a Ultramar, 1915.
  • El contrato de trabajo. Su naturaleza jurídica. Intervencionismo del Estado en su reglamentación, 1915.
  • La infancia trabajadora en España, 1917.
  • Las sociedades constructoras de Casas baratas, 1924.
  • Un turista en el Brasil, 1940.
  • Congonhas do Campo, 1942
  • Roteiro Balneário, 1942.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar