José Bouchet Blanco, nado en Xanza, Valga, o 19 de marzo[2] ou 19 de abril[3][4] de 1848[5][6] ou 1852[2][3][4][7] (segundo as fontes) e finado en Buenos Aires o 6 de marzo[2][3] ou 16 de marzo[5] ou 6 de abril[4] de 1919, foi un pintor galego.

José Bouchet Blanco
Fotografía de José Bouchet en "Historia Argentina", de Diego Abad de Santillán.[1]
NomeJosé Bouchet Blanco
Nacemento1848
 Xanza
Falecemento1919
 Buenos Aires
Nacionalidadeespañola e arxentina
Influenciado porJuan Manuel Blanes
Antonio Ciseri
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo dunha galega e un francés que caera prisioneiro na Batalla de Ponte Sampaio (1809), José emigrou cos pais á Arxentina sendo neno e alí foi discípulo do uruguaio Juan Manuel Blanes.[5]

En 1875 nacionalizouse arxentino, para optar a unha bolsa do goberno, que lle permitiu estudar en Florencia, Italia, con Antonio Ciseri. Viaxou a Francia, España, Cuba, México, Porto Rico, Estados Unidos de América e Chile. De volta na Arxentina, foi membro da sociedade de artistas La colmena e do Centro Gallego de Buenos Aires. Moitas das súas obras apareceron publicadas en varias edicións do Almanaque Gallego, dende o ano 1897[8] ata 1917.

Entre as súas obras destacan: La llegada de las caravelas a San Salvador, Tropas en el Chaco, La primera misa-fundación de Buenos Aires por D. Juan de Garay, El ejército de los Andes saliendo del Plumerillo, El fusilamiento de Liniers, La batalla de Salta, Un gaucho, Un amateur e varios retratos, como o do xeneral Belgrano, Juárez Celman, Capdevilla, a señora Lavalle, Campos, Uriquiza e, especialmente, o de Rosalía Castro de Murguía, feito para os actos que se celebraron na súa honra en Buenos Aires en 1897.[2]

Teñen pinturas de Bouchet, entre outras institucións, a Deputación da Coruña, o Museo Histórico Nacional da Arxentina, o Museo Nacional de Bellas Artes da Argentina ou o Museo Municipal de Bellas Artes Juan B. Castagnino de Rosario, e tamén diversas coleccións privadas.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar