José Bono

político español
(Redirección desde «José Bono Martínez»)

José Bono Martínez, nado en Salobre (Albacete) o 14 de decembro de 1950, é un avogado e político español do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). Foi presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha entre 1983 e 2004, ministro de Defensa do Goberno de España entre 2004 e 2006 e presidente do Congreso dos Deputados entre 2008 e 2011.

Infotaula de personaJosé Bono

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) José Bono Martínez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Salobre, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente do Congreso dos Deputados
31 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011
← Manuel Marín GonzálezJesús Posada →
Deputado no Congreso dos Deputados
26 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Toledo (en) Traducir

Ministro de Defensa de España
18 de abril de 2004 – 11 de abril de 2006
← Federico TrilloJose Antonio Alonso Suárez →
Presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha
6 de xuño de 1983 – 17 de abril de 2004
← sen valor – José María Barreda (pt) Traducir →
Member of the Parliament of Castile-La Mancha (en) Traducir
8 de maio de 1983 – 16 de abril de 2004
Circunscrición electoral: Albacete (en) Traducir, Toledo (en) Traducir
Deputado no Congreso dos Deputados
10 de novembro de 1982 – 6 de xuño de 1983 – Manuel Ángel Aguilar Belda →

Circunscrición electoral: Albacete (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
15 de marzo de 1979 – 18 de novembro de 1982

Circunscrición electoral: Albacete (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Dominicana (2020–)
España Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Educaciónescola xesuíta (1960–1967)
Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado , profesor universitario , emprendedor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid, professor assistente (pt) Traducir (1974–1979) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Partido Socialista Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Bono Pretel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2416919 Editar o valor em Wikidata

Presidiu Castela-A Mancha durante 21 anos e seis lexislaturas consecutivas, vencendo sempre por maioría absoluta. Considerado un dos pesos pesados do Partido Socialista, no 2000 perdeu as eleccións á Secretaría Xeral do PSOE fronte a José Luís Rodríguez Zapatero por nove votos. En 2004 foi nomeado por este último ministro de Defensa do Goberno de España, deixando desta forma de ser presidente da autonomía.

En 2008, foi elixido presidente do Congreso dos Deputados para a IX Lexislatura, sendo a terceira máxima autoridade do Estado até 2011. En 2004 recibiu a Medalla de Ouro de Castela-A Mancha. Tamén foi recoñecido coa Gran Cruz do Mérito Militar con distintivo branco en 2004, a Gran Cruz da Orde de Carlos III en 2006 e a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil en 2016.

Traxectoria editar

Infancia e mocidade (1950-1970) editar

Naceu en Salobre (Albacete) no seo dunha familia adiñeirada. O seu pai, José Bono Pretel, un comerciante de tecidos, foi alcalde falanxista do seu pobo natal durante a ditadura franquista de 1957 a 1974, casou con súa nai, Amelia Martínez Soria, quen descendía dunha familia de propietarios o 25 de febreiro de 1950.[1]

A súa nai, faleceu o 18 de marzo de 1967 durante un embarazo, cando Bono só tiña dezaseis anos.[2][3] Seu pai morreu nun accidente de tráfico, o 20 de abril de 1981 en Salobre, ​​tras golpear un Land Rover da Garda Civil, caendo o coche por un precipicio.[4] Mentres recuperaba os seus obxectos persoais, descubriu que seu pai se afiliara ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e á Unión General de Trabajadores (UGT) tralo intento de golpe de Estado do tenente coronel Tejero sen lle dicir nada.[5]

Estudou o nivel elemental en Alcaraz e seguidamente o bacharelato no Colexio Inmaculada Xesuítas de Alacant. Posteriormente, ingresou en ICADE (dependente entón da Universidade de Deusto), para licenciarse en Dereito e en Ciencias Económicas.[6]

Inicios profesionais (1970-1983) editar

Bono, militou no Partido Socialista do Interior (PSI, logo Partido Socialista Popular ou PSP) en 1969, licenciouse en 1970 na Universidade de Deusto.[7] Empezou a traballar como avogado laboralista. Desde 1972, foi tamén profesor de dereito político na Universidade Complutense de Madrid. En 1977 actuou como avogado dunha das vítimas, Luís Javier Benavides, no xuízo pola matanza de Atocha de 1977. Entre 1979, ano en que o PSP se integrou no PSOE, e 1983 foi deputado a Cortes por Albacete.[8]

Presidente autonómico (1983-2004) editar

Ocupou o cargo de Presidente da comunidade autónoma de Castela-A Mancha durante seis lexislaturas consecutivas (1983-2004), vencendo sempre por maioría absoluta. De xeito informal, considerábaselle entón como un dos tres baróns do PSOE, xunto a Juan Carlos Rodríguez Ibarra e Manuel Chaves, tamén presidentes autonómicos.[9] Nas últimas eleccións para a Secretaría Xeral do PSOE perdeu fronte a José Luís Rodríguez Zapatero por nove votos. Durante as Eleccións xerais españolas (2004), Zapatero asegurou que José Bono ocuparía o Ministerio de Interior, aínda que finalmente ocupou o Ministerio de Defensa.[10]

Ministro do Goberno (2004-2006) editar

Foi Ministro de Defensa (2004-2006) no goberno presidido por José Luís Rodríguez Zapatero.

Retirada de tropas de Iraq editar

O seu primeiro labor no cargo foi levar a cabo a retirada das tropas españolas de Iraq que se realizou ordenadamente e sen contratempos graves, agás un ataque puntual no que as forzas españolas tiveron que responder con lume real matando a un dos insurxentes. Por esta retirada, o Consello de Ministros outorgoulle semanas despois unha medalla. A concesión foi moi contestada, xa que o propio Bono era ministro, e renunciou á medalla, afirmando que llo pedira seu fillo.[11]

Vítimas do Yak-42 editar

Posteriormente centrouse en compensar as vítimas do accidente do Yakovlev 42 tal e como se comprometeu. En primeiro lugar tratou de esclarecer axeitadamente a identidade dos 62 militares falecidos. A repetición das análises de ADN insistentemente solicitada por moitos dos familiares ao anterior Ministro de Defensa sen que este fixese caso algún revelou que os cadáveres non foran identificados correctamente e achábanse mesturados.[12]

Accidente de helicóptero en Afganistán editar

As forzas militares españolas aumentaron a súa presenza en Afganistán. En agosto do 2005, dezasete militares españois faleceron mentres patrullaban en helicópteros Puma 20 quilómetros ao sur de Herat.[13]

Venda de fragatas a Venezuela editar

Iniciou os trámites para a venda de varias fragatas para vixilancia costeira a Venezuela, decisión á que se opuña Estados Unidos, negando a España o permiso de implantar nas mesmas equipos de tecnoloxía dos Estados Unidos.[14][15]

Manifestación da AVT e "caso Bono" editar

Artigo principal: Caso Bono.

En xaneiro de 2005, denunciou ser agredido nunha manifestación da Asociación Vítimas do Terrorismo e tres días máis tarde dous militantes do Partido Popular, que foron identificados en fotografías do diario El País, foron detidos durante unhas horas. Finalmente o xulgado do penal n.º 42 de Madrid arquivou o caso. Con todo posteriormente e en razón a unha denuncia presentada polo PP, a Audiencia de Madrid condenou aos policías responsables por detención ilegal, por falsificar o atestado policial e por coaccións, considerando probado que o Ministro non sufriu agresión algunha. O Delegado do Goberno en Madrid dimitiu tras coñecer dita sentenza, que foi finalmente anulada polo Tribunal Supremo con data de 29 de xuño de 2007.[16]

Destitución de José Mena editar

En xaneiro de 2006 destituíu ao tenente xeneral José Mena Aguado por pronunciarse politicamente sobre os inconvenientes que a aprobación do proxecto de Estatuto de Autonomía de Cataluña tería para o Exército, e sobre a posibilidade de que o exército interviñese, pola súa conta, no caso de que o novo Estatuto non respectase, segundo José Mena, a Constitución Española.[17]

Dimisión editar

O 7 de abril de 2006 faise pública a súa decisión de abandonar o seu cargo por motivos persoais, ocupando a súa carteira o até entón ministro do Interior, José Antonio Alonso. No momento de deixar o seu cargo, era o cuarto ministro mellor valorado.[18]

En outubro de 2006, o seu nome barallouse como candidato á alcaldía de Madrid e, aínda que en principio non rexeitou tal oferta («A ninguén lle amarga un doce», dixo nesta ocasión), posteriormente declinouna, cando algúns xa daban por feita tal candidatura.[19][20][21]

En marzo de 2015 recoñeceu que saíra do Goberno polo seu desacordo coa aprobación do Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006.[22]

Presidente do Congreso dos Deputados (2008-2011) editar

O 1 de abril de 2008 foi elixido presidente do Congreso dos Deputados para a IX Lexislatura con 170 votos a favor, o seu último cargo público, sendo o primeiro presidente da democracia elixido por maioría simple na segunda volta, e non por maioría absoluta.[23]

Recoñecementos editar

Ideoloxía e crenzas editar

Durante toda a súa carreira José Bono pertenceu á á máis conservadora do PSOE, caracterizándose pola súa moderación ademais do socialismo cristián.[25] É practicante na Igrexa católica.[26]

Crítica editar

No referente ao ámbito estritamente militar as súas decisións recibiron críticas e encomios.

  • A compra dos mísiles Tomahawk foi presentada como un caso de confianza gañada a Estados Unidos, algo que nin sequera Israel lograra, ademais de defender a súa necesidade por ser unha arma moi poderosa e suficientemente probada, ideal para as novas fragatas F100 e os futuros submarinos S80.[27] Con todo, os detractores criticaban as cláusulas do contrato onde figuraba Estados Unidos como responsable do guiado e do mantemento dos mísiles, co que este país conservaban o poder para utilizalos ou non.
  • A elección de situar a fábrica de ensamblaje dos helicópteros Tigre en Albacete, a súa cidade natal, recibiu críticas de favoritismos e motivos políticos, especialmente por parte do Concello de Xetafe, municipio que foi un dos candidatos máis firmes para ergue-la fábrica que acusou o Ministro de optar por unha solución antieconómica.[28] Con todo o concello de Albacete e a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha encomiaron a decisión; así como varios albaceteños, caso de Francisco Vidal Monteagudo[29] que lembraban a decisión política e non económica que está detrás de repartir as fábricas de EADS por Europa.
  • A decisión de aplicar o Regulamento de Aeronavegabilidade obrigou a deixar en terra a todos os helicópteros que non obtivesen os pertinentes certificados de aeronavegabilidade, nin sequera por cuestións burocráticas ou administrativas, como declararía o propio Ministro en rolda de prensa tras o accidente de Afganistán. Esta decisión deixou á FAMET baixo mínimos coa frota de H1-H e os helicópteros pesados parados, só os Cougar podían voar.[30] Pero finalmente os acontecementos déronlle a razón cando un aparello deste último modelo estrelouse en Afganistán e o ministro demostrou, alzando coa man os certificados na súa comparecencia, que os aparellos estaban en perfecto estado de mantemento.
  • A compra de cen helicópteros NH90 foi sen dúbida a gran sorpresa dada por José Bono aos militares e aos medios de comunicación. Aínda que o Exército de Terra viuno con bos ollos, o Exército do Aire mostrouse sorprendido e a Armada pouco agradada. Bono decidiu esta compra sen existir antes o informe de requirimentos operativos, nin a memoria xustificativa da adquisición, nin ningún outro documento por parte de ningún do tres Exércitos. Pero con esta decisión a fábrica de Albacete tiña sentido e era viable economicamente.[31]

En marzo de 2010, o xornal La Gaceta, pertencente ao grupo conservador Intereconomía, publicou unha serie de artigos sobre o patrimonio de José Bono e a súa familia, acusándoo de obter parte del por medios ilícitos. A esta publicación seguiu unha polémica alentada polo Partido Popular. En abril de devandito ano, o PP enviou un escrito á Fiscalía Xeral do Estado achegando as publicacións da Gaceta como proba, para que decidise si era necesaria unha investigación. O 2 de xuño, o Partido Popular presentou unha denuncia acusando a José Bono de "delitos contra a Facenda Pública e contra a Administración Pública".[32] Tras recibir as alegacións de Bono —entre elas, as declaracións de bens del e da súa esposa—, a fiscalía arquivou a denuncia.[32] Paralelamente, o 15 de xuño de 2010, a Comisión do Estatuto do deputado do Congreso, tras recibir a documentación achegada por José Bono, declarouse incompetente para dita investigación coa abstención do Partido Popular.[33]

Vida persoal editar

O 20 de decembro de 1980 casou coa guatemalteca Ana María Albina Rodríguez Mosquera. socióloga de formación, coa que ten catro fillos,[34][35] Amelia, Ana, José e Sofía (adoptada en 2001).[1] O 19 de xullo de 2010, o matrimonio fixo oficial o seu divorcio, catro anos despois de vivir unha grave crise que levou a José Bono a abandonar o goberno español.[36]

Desde outubro de 2020 ten de forma honorífica a dobre nacionalidade dominicana.[37]

A súa filla Ana fundou en 2015 un despacho de avogados. Abandonou o proxecto tras fracasar en xaneiro de 2016 e pasou a unirse a Iberdrola como asesora.[38]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Castellanos López, 2015
  2. "Los candidatos: José Bono". elmundo.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  3. Nieto, Maite (23 de novembro de 2019). "José Bono, la nueva vida de un superviviente de la política". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  4. Redacción (21 de abril de 1981). "El padre del diputado José Bono, muerto en accidente de circulación". abc.es (en castelán). p. 49. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  5. Redacción (9 de febreiro de 2017). "El padre de José Bono: un alcalde falangista afiliado a la UGT". telecinco.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  6. Irujo, José María (10 de maio de 2010). "El patrimonio de José Bono". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  7. Castellanos López 2014, p. 146.
  8. Castellanos López 2014, p. 148–149.
  9. Delgado-Iribarren, F (29 de maio de 2013). "Los barones autonómicos del PP y del PSOE: ¿Quiénes son? ¿Qué poder tienen?". abc.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 
  10. Chinchetru, Antonio José (24 de abril de 2015). "José Bono: «Considero que Cebrián es mi amigo, pero los enemigos de PRISA no son necesariamente los míos»". periodistadigital.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  11. Redacción (2 de xuño de 2004). "Bono renuncia a la medalla al mérito militar tras las fuertes críticas de IU y PP". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  12. EFE/Redacción (14 de abril de 2008). "El ex ministro de Defensa, José Bono, declara hoy como testigo por el Yak-42". elmundo.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  13. Redacción (17 de agosto de 2005). "17 militares españoles mueren al caer un helicóptero en Afganistán". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  14. Egurbide, Peru (27 de xaneiro de 2005). "Bono ultima en Venezuela los contratos que iba a rubricar Zapatero". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  15. Pflüger, Juan E. (24 de agosto de 2017). "La venta de barcos del exministro José Bono a Venezuela, bajo sospecha". gaceta.e (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  16. Rodríguez, Jorge A. (9 de maio de 2006). "El delegado del Gobierno en Madrid dimite "en defensa de la profesionalidad" de la policía". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  17. Aizpeolea, Luis R.; González, Miguel (8 de xaneiro de 2006). "Bono destituye e impone arresto domiciliario al teniente general que expresó opiniones políticas". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  18. Redacción (10 de abril de 2006). "Bono deja del Gobierno como el cuarto ministro mejor valorado". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  19. Redacción (12 de outubro de 2006). "Bono no aceptó la candidatura a la alcaldía de Madrid porque no se la ofreció Zapatero". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  20. Axencias/Redacción (11 de outubro de 2006). "Bono no será candidato a alcalde de Madrid pese a la insistencia del PSOE y de Zapatero". elmundo.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  21. D., L. (9 de outubro de 2006). "De la Vega cree que Bono sería "un magnífico candidato" a la alcaldía de Madrid". libertaddigital.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  22. Díaz, Anabel (10 de marzo de 2015). "Bono reconoce que salió del Gobierno por el Estatuto de Cataluña". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  23. Redacción (1 de abril de 2008). "Bono, elegido presidente del Congreso en la segunda vuelta". elperiodicodearagon.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  24. "Real Decreto 67/2016, de 12 de febrero, por el que se concede la Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil a las personas que se citan" (PDF). boe.es (en castelán). 13 de febreiro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  25. Redacción (11 de outubro de 2009). "Bono apuesta por el cristianismo como vía para renovar el socialismo". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  26. Ónega, José Ramón. "El ministro y el obispo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  27. "La Armada pide permiso a Estados Unidos para comprar 60 misiles 'Tomahawk'". belt.es. Belt Ibérica. 6 de setembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  28. Saenz 2005.
  29. Vidal Monteagudo, 2005
  30. Máiz 2005, p. 26.
  31. Saenz 2005, p. 27.
  32. 32,0 32,1 EFE/Redacción (19 de xullo de 2010). "La Fiscalía archiva la investigación sobre el patrimonio de Bono". elmundo.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  33. EFE/REdacción (15 de xuño de 2010). "El Congreso cierra el 'caso Bono' y el PP se plantea una comisión de investigación". elmundo.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  34. "La Preysler manchega". intereconomia.com (en castelán). 7 de xuño de 2010 [actualizado 11 de xuño de 2010]. Archived from the original on 11 de xuño de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  35. "Rodriguez Mosquera Ana-Maria-Albina". datocapital.es (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  36. Redacción (19 de xullo de 2010). "José Bono y su esposa anuncian su separación". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  37. EFE/Redacción (20 de octubre de 2020). "Conceden la nacionalidad dominicana al exministro español José Bono". eldiario.es (en castelán) (publicado o 20 de outubro de 2020). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  38. Marco, Agustín (18 de maio de 2016 [actualizado 1 de xuño de 2016]). "Iberdrola ficha a la hija de José Bono tras abandonar su bufete de abogados". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Castellanos López, José Antonio (2014). Quién fue quién en la transición en Castilla-La Mancha (1977-1982) (en castelán). Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. ISBN 978-84-9044-119-0. 
  • Máiz, Julio (2005). "Las FAMET paralizadas". Avion Revue (en castelán) (Madrid: Motor Press Ibérica) (278). ISSN 1887-8997. 
  • Saenz, José María (2005). MC, ed. "Por fin llega el NH-90. Un regalo inesperado para las Fuerzas Armadas". Fuerza Terrestre (en castelán) (Barcelona) 2 (19). ISSN 1575-1090. 
  • Vidal Monteagudo, Francisco (2005). "¿Les molesta Albacete?". Avion Revue (en castelán) (Madrid: Motor Press Ibérica) (277). ISSN 1887-8997. 

Ligazóns externas editar