José Blanco Pazos

político galego

José Blanco Pazos, nado na Baña o 11 de marzo de 1929 e finado en Negreira o 24 de decembro de 2022, foi un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaJosé Blanco Pazos
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1929 Editar o valor em Wikidata
A Baña, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de decembro de 2022 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Negreira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Negreira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrante en Buenos Aires, onde casou cunha negreiresa, retornou aos 69 anos a Negreira. Presentouse ás eleccións municipais de 1995 en Negreira encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde en 1999 e 2003, sempre con maioría absoluta. Logo de abandonar o PPdeG presentouse á alcaldía de Negreira nas municipais de 2011 polo Partido Blanco de Negreira (PBN) e foi elixido alcalde grazas a un pacto co PPdeG. En virtude deste acordo, dimitiu en xuño de 2013, e foi sucedido polo líder do PPdeG Juan Rey Maceira. A partir de entón foi primeiro tenente de alcalde e estivo á fronte de varias competencias no goberno municipal. Foi número 2 da lista do PPdeG nas municipais de 2015, porén as eleccións foron gañadas polo PSdeG-PSOE, polo que pasou á oposición e renunciou á súa acta pouco tempo despois. Finou en Negreira o 24 de decembro de 2022.[1]


Predecesor:
José Manuel López Tuñas
  
Alcalde de Negreira
 
1995 - 2007
Sucesor:
Juan García Fuentes
Predecesor:
Jorge Tuñas Caamaño
  
Alcalde de Negreira
 
2011 -2013
Sucesor:
Juan Rey Maceira

En 2002 recibiu a Medalla de Bronce de Galicia.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, Santiago, 26-12-2022, p. L2.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar