José Bellver

xuíz e fotógrafo galego

José Bellver Álvarez, nado en Ponferrada en 1896 e finado en Pontevedra o 18 de febreiro de 1968[1][2][3] foi un xuíz e fotógrafo afeccionado, recordado polas súas fotografías e gravacións cinematográficas de Galicia na primeira metade do século XX.

Infotaula de personaJosé Bellver

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Ponferrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de febreiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz , fotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Maila nacer fortuitamente en Ponferrada, por mor dunha viaxe dos seus pais, durante os primeiros vinte anos da súa vida residiu en Madrid. Alí cursou o bacharelato e carreira universitaria. O 18 de xuño de 1925, un ano despois de que o destinaran a Galicia, casou con Antonia García-Alix.

Bellver licenciouse na Facultade de Dereito da Universidade Complutense. Logo de obter o cargo de xuíz, en 1924 foi destinado a Cambados[4], onde permaneceu ata 1933, vivindo durante esa época no Pazo de Ulloa. Durante estes anos naceron os seus cinco fillos; Carlos, María del Carmen, Mercedes e Francisco José. Foi nesta época de residencia en Cambados cando realizou o groso da súa produción.

Despois desta época foi destinado a Caldas de Reis, onde só estivo ata 1934, e durante o cal se desprazou ocasionalmente ata Ortigueira. Logo deste lapso asentou en Redondela, onde residiu ata 1940. Nesta vila naceron os seus fillos Ramiro, José Ángel e María del Pilar. Durante este período desprazouse en 1939 ata Albacete como Auditor de Guerra. Finalmente trasladouse ata Pontevedra, onde foi nomeado maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra, residindo a partir dese momento na capital da provincia. Durante os anos sesenta padeceu arteriosclerose, finando en 1968[5].

Traxectoria artística editar

Fotografía editar

Afeccionado á fotografía, caracterizouse por un estilo etnográfico e costumista. A súa obra pódese dividir en cinco grupos temáticos; paisaxe, retrato, tipos populares, arquitectura, e o mar, sendo este último tema o máis abundante.

No ano 1926 obtivo o diploma de honra nunha exposición celebrada no Centro de Galicia en Madrid. En 1944 publicou unha colección de postais co nome Estampas Gallegas, editadas polo libreiro pontevedrés Luís Martínez Gendra. Colaborou con varias revistas gráficas, como Sonata Gallega, Industrias Pesqueras ou Vida Gallega. Realizou exposicións en Vigo e Pontevedra, e en 1946 foi socio fundador da Agrupación Fotográfica Gallega, da que foi o primeiro presidente. Bellver, tamén pintor afeccionado, en ocasións retocaba os negativos, ou ben pintaba sobre as súas fotografías.

No ano 1984 a Deputación de Pontevedra publicou unha escolma das fotografías realizadas entre 1920 e 1950. Parte da súa obra consérvase no Museo de Pontevedra.

Gravacións editar

Bellver empregaba nas súas gravacións unha cámara Pathé Baby. Na actualidade, consérvanse tres horas de gravación realizadas entre 1929 e 1932, repartidas en vinte e nove latas. Ditas latas permaneceron no esquecemento durante décadas, ata que os seus herdeiros as descubriron nun baúl na súa vivenda en 2009[6]. Algúns dos lugares recollidos son a Porta do Sol en Vigo, a Praza de Mazarelos en Santiago de Compostela, ou a Armada inglesa atracando no porto de Vilagarcía de Arousa.

Xunto coas escenas de Galicia, Bellver rodou, en compañía duns amigos, unha curtametraxe de ficción sobre unha historia de amor non correspondido.

Milímetros editar

O realizador Xes Chapela estreou en decembro de 2011, no Centro Galego de Artes e Imaxe, o documental Milímetros. Nel mestúranse as gravacións de Bellver con outras sobre os mesmos lugares, realizadas na actualidade.

Notas editar