José Antonio Rueda Crespo
político galego
José Antonio Rueda Crespo, nado en Xaén o 9 de marzo de 1938 e finado en Pontevedra o 27 de xaneiro de 2012, foi un político galego.
José Antonio Rueda Crespo | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1938 |
Lugar de nacemento | Xaén |
Falecemento | 27 de xaneiro de 2012 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Pai | Antonio Rueda Muñiz |
Fillos | Alfonso Rueda |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Antonio Rueda Muñiz. Enxeñeiro agrónomo de profesión, foi Xefe provincial do Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario en Pontevedra. Foi concelleiro no concello de Silleda de 1983 a 1987, e neses anos foi deputado provincial e Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Foi senador electo por Pontevedra na II e III lexislatura (1982-1989) polo Partido Popular de Galicia. Posteriormente foi nomeado Xefe do Servizo de Costas de Pontevedra.
Vida persoalEditar
Casou con Dolores de Valenzuela López-Montenegro, e foi pai de María, Alfonso, Marta e José Antonio Rueda Valenzuela.