José Antonio Hernán Seijas

José Antonio Hernán Seijas, nado en Ferrol o 27 de febreiro de 1937 e finado o 8 de marzo de 2001, foi un filatelista galego.

José Antonio Hernán Seijas
Nacemento27 de febreiro de 1937
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento8 de marzo de 2001
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónphilatelist
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou enxeñería naval, exerceu a súa profesión en Bazán, supervisor de instalacións radioactivas foi tamén funcionario do Ministerio de Economía e Facenda. Home fondamente relixioso foi membro do Opus Dei[Cómpre referencia] e presidente da Cociña Económica de Ferrol e da Asociación Cultural Valle Inclán. Colaborador de La Voz de Galicia e Diario de Ferrol. Especializado na filatelia temática a súa colección A Áncora levou diversas medallas de ouro en diversas exposicións españolas e internacionais.

Socio da Sociedade Filatélica da Coruña. Foi membro da Academia Hispánica de Filatelia, da comisión Temática da Federación Internacional de Filatelia e do seu corpo de xurados, directivo da FESOFI desde 1980. Director da revista Temas Filatélicos (1990-2001) e colaborador habitual de Crónica Filatélica. Autor de Introducción a la Filatelia Temática, Educación del Coleccionista e La Filatelia Temática: una innovadora forma de coleccionar.