José Antonio Fernández Pla

futbolista español

José Antonio Fernández Pla, nado en Santoña (Cantabria) o 13 de setembro de 1956, é un exfutbolista español máis coñecido como Chuco, que xogaba na demarcación de gardameta.

Infotaula de personaJosé Antonio Fernández Pla
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Santoña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a xogar profesionalmente no Burgos CF, club que deixa coa desaparición do mesmo en 1983 fichando polo Celta de Vigo ao igual que o defensa Bautista. No Celta non tería demasiado protagonismo, non xogando nin un só minuto a primeira tempada ao atoparse co bo momento de forma de Javier Maté, ao igual que a tempada seguinte, a 1984/85.

A súa oportunidade chegoulle na tempada 1985/86, ao lesionarse Javier Maté no Trofeo Cidade de Vigo ante o Dynamo de Kíiv e a que o porteiro suplente Patxi Villanueva estaba facendo o servizo militar. Así é como Chuco se tivo que facer cargo da portería do Celta a primeira volta do campionato, tras o mercado de inverno volvería á suplencia ao chegar ao club o galego Pereira, procedente do Atlético de Madrid.

Ao final desa tempada o equipo descende a Segunda División e Chuco deixa o equipo, con só sete encontros disputados.