José Antonio Castro Sousa

José Antonio Castro Sousa, nado en Venezuela en 1956, é un empresario galego que desenvolveu a súa carreira en Barcelona.

Infotaula de personaJosé Antonio Castro Sousa
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Venezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Castro Sousa desenvolveu a maior parte da súa vida profesional en Barcelona. Comezou na construción, na empresa familiar chamada Construcciones Castro. Sen abandonar a firma orixinal, fíxose accionista e conselleiro da pequena entidade financeira Fibanc, e entre 1999 e 2002 mercou a maior parte das accións do grupo hoteleiro Hesperia. Dela, que ten unha rede de 37 establecementos en propiedade e en franquía, controla máis da metade do accionariado e é ademais presidente do consello de administración. Hesperia controla ademais a cuarta parte das accións de NH Hoteles, un grupo tamén dedicado á hostalaría, e onde Amancio Ortega tamén é un importante accionista.

Ademais é o segundo accionista e vicepresidente do banco de investimento Bankpyme e forma parte do seu consello de administración e do de Fira 2000, a empresa encargada da ampliación da Fira de Barcelona. No eido da inmobiliaria e a construción, ten intereses en Vigo (Leira do Conde, os terreos do Grupo de Empresas Álvarez ou o Barrio do Cura[1]) e en Barcelona, entre outros lugares.

Notas editar